Mér, 31 Mai 2023, 19:33
Asunto: Re: II MEDIA MARATÓN E 10QM CAMIÑO INGLÉS
Vou poñer a miña crónica do ano pasado, na parte que fago referencia ó percorrido.
(Os primeiros Kms. favorables, pero moi expostos ao sol. ata o Km5 fun máis ou menos ben, xa que nese Km. temos unha subida moi longa e bastante dura, algúns corredores suben camiñando, eu decido seguir correndo, pero ca idea de que vou ter que camiñar nalgunha subida, cousa que así fixen.
Nos tramos sombríos que houbo moitos ia bastante ben, pero onde nos daba o sol de pleno afundíame bastante.
Conforme avanzou a carreira funme encontrando mellor, no sentido de que a un ritmiño moi suave ia facendo "camiño", ata dar terminada a mesma nun tempo de 1h52'09" moi similar Os 21 do Camiño.
O percorrido ainda que ten bastante asfalto, é agradable, quizáis a parte máis fea é xa chegando a meta no derradeiro Km. cando pasamos a carón do polígono industrial, que nos batía o sol nesa longa recta que se facía interminable.
Moito traballo o feito pola organización cun notable moi alto de valoración, )