Xov, 04 Mai 2023, 23:14 Asunto: X Carreira Camiño Das Letras (Santiago 17-05-23)
¿Alguén sabe algo desta carreira?
¿Como son os percorridos de 15 e 5 quilómetros?
Grazas. Máis lonxe, máis rápido, máis feliz. www.recetasbellas.com
Ven, 05 Mai 2023, 6:29 Asunto: Re: X Carreira Camiño Das Letras (Santiago 17-05-23)
Boas, é unha proba de 15 kms bastante dura (ó meu parecer) case todo por asfalto onde saes do Pico Sacro para rematar na Cidade da Cultura.
Os primeiros 5 kms son todos en baixada. A partir de ahí toca case todo llanear con algunha subida polo medio ata o km 11 onde xa é todo subir ata a Cidade da C ultura.
Se te pasas de ritmo nos primeiros 5 kms (é facil deixar levarse polo trazado) despois o pagas e a partir do km 11 xa non hai pernas.
Saudos.
Ven, 05 Mai 2023, 14:00 Asunto: Re: X Carreira Camiño Das Letras (Santiago 17-05-23)
Nesa nunca participéi pero creo que é con saída e chegada na Cidade da Cultura.
Se vos quedan gañas e fai bo día, recoméndovos que subades ó monte Viso que hai boas vistas.
Dende a Cidade da Cultura hai 30 min +- andando tranquilamente.
Saudos.
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos