Dom, 18 Xuñ 2023, 17:45
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]
Unha das 2 carreiras inexcusables do meu calendario particular (sempre que logre o dorsal, ca cousa estase poñendo dificil).
Cheguei con tempo a Melide e xa collín o pouco un dos buses, 1 hora antes da carreira estaba en Palas, así que tras recoller o dorsal, fun a un bar a tomar algo e prepararme, despois de deixar a bolsa no gardarroupa xa non quentei como quen di xa que escomencei a saudar a coñecidos e 5 minutos antes da saida a tomar sitio, impresionante coma sempre os instantes previos a partida.
Comenzo dificil xa que os primeiros Kms. son duros, creo que vou algo máis rápido do que debía, pero atópome moi ben, sobre todo nas subidas, as baixadas procuro recuperar un pouco, sendo unha constante que adiante ou sexa adiantado según a ondulación do terreo.
Despois do primeiro avituallamento ven a subida que sempre se me atraganta e a partir de ahí decido regular un pouco na espera da cronoescalada, a cal levo moi ben ata os derradeiros mts. que se me fan eternos, ata pasar a subida, levo un ritmo de 4:50" parece que recupero bastante ben e agora escomenzamos a restar Kms.
Pero a partir do 16 ainda que tomara un xel un pouco antes, noto que nas subidas vou atrancado, (como moitos corredores), ainda que non nos fixo un día moi caluroso, había unha sensación de bochorno enorme.
Xa estamos chegando a Furelos, paso reconfortante polo lugar, pero sabendo que todo o que falta é subir, así que toca "reductora" baixo a cabeza e pouco a pouco ata chegar a meta cun crono de 1h45'47" oficial, moi contento, son 11 minutos máis ca miña mellor marca ahí (a cal non me acercarei máis) pero case 7 minutos menos co ano pasado.
Rematei moi fatigado e necesitado de beber e sentarme a recuperar, despois do cal decidín ir a comer algo e o certo é que sentinme incómodo ca situación, todos, corredores e non corredores apiñados e botándonos a rapiñar algo das bandexas.
Respecto o que comentades de non corredores "merendando" a costa da organización e algo que me extrana, pero cos anos que levan creo que é algo contemplado e consentido pola mesma, un día de festa no pobo, non sei como é Melide un Sábado tarde/noite pero o ambiente é espectacular nos arrededores da zona.
Ainda fun andando a ducharme e cando voltei para ver a entrega dos premiad@s ainda collín unha cervexa que non bebera antes e uns anacos de pan con xamón e un pedazo de queixo, polo que existencias creo que houbo.
P.D.: É sensación miña, ou cada ano alonxan un pouco máis Melide de Palas.