Lun, 19 Xuñ 2023, 14:48
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]
Grazas a todos por vir outra edición mais a pasar o día con nos. Creo que en linías xerais a carreira saiu bastante ben. Tivemos boa tarde e ninguén se mancou, que é o importante.
Dende os inicios da carreira, a nosa idea coma organización sempre foi organizala coma o día da festa, este día toca na nosa casa e intentamos tratar ao corredor como nos gustaría que nos tratasen a nos, intentando facelo o mellor posible, e que quededes con ganas de volver.
Veñen moitísimos amigos de diferentes sitios, que fan que todo este traballo que facemos pague a pena.
O trato que recibides, sería imposible sen a axuda dos nos@s voluntari@s, infinitamente agradecidos, e o noso apoio a tod@s el@s.
Nos de sempre escoitamos aos corredores e intentamos ir mellorando coas cousas que nos van chegando, gracias a esto sacamos moitas ideas.
Moita xente non entendía o motivo de non abrir mais plazas, non dar mais dorsais. Eso non é viable, entre o 6k e Os 21, mais acompañante, o Cantón de San Roque de Melide quedábase pequeno.
Nos, como dixen ao principio, entendendo a carreíra como o día da festa, sempre fixemos por mirar “cara outro lado“ ante o comportamento pouco cívico duns poucos (e non son sempre “acompañantes”, que por certo son parte da carriera tamén).
A miña critica é a seguinte, realmente creo que temos un problema como sociedad, hai uns poucos que solo pensan en si mesmo e non no próximo, pouca empatia. Nos queremos que aquí disfrute do 1º ao último, hai xente (tanto corredores como acompañantes) que non pensan no que ven atrás, faltanos xenerosidade. @s nos@s voluntari@s están para axudar e tratan de pensar no últim@, e non no corredor que abre unha bolsa da froita e trata de meter a comida de toda a semana aí (pouco me parece o que lle dixo a voluntaria que falades, sen a cal a carreira sería imposible de facer, ela é das personas mais traballadoras que eu coñezo).
A xente que organiza comigo esta liada, non quería que puxera nada, pero apetéceme dar o meu punto de vista. Perdoade pola chapa.
O último tuercebotas/ Ad Cerne