Foros ›
Carreira Ponle Freno Pontevedra
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 24 Xuñ 2023, 21:42
Asunto: Carreira Ponle Freno Pontevedra

Boas! Acabo de chegar desta carreira e estou sorprendido que non houberamos falado dela no foro.
Dúas distancias 5 e 10 km. (Aínda que si hai que decir que a min saíume algo menos de 10)
Inscrición 5 euros (tal como están os prezos hoxe en día pois moi bo prezo!)
Bolsa do corredor: camiseta (chula), paquete de 4 pilas Varta 1.5v, pasta de dentes con cepillo. Se suɓías no seu día só instagram unha publicación da carreira tamén unha riñonera.
Bolsa fin carreira: auga, mazá, barrita.
Saída desde Montero Ríos e baixada ao río por onde se desenvolve case toda a proba. Percorrido mixto con predominancia de terra-grava. Un fermoso paseo polo que é a Xunqueira do Lérez cun percorrido entretido e moi moi corrible. Indicacións quilómetros (aínda que penso que algunha estaba algo mal situada). Para os 10km repetimos un bucle e os de 5 suben pola "costiña" famosa da Media (que nesta carreira tamén foi de baixada na saída). Avituallamento de auga aproximadamente na metade do percorrido. Zona ampla e fácil de coller.
Se ben durante o percorrido pola zona do río apenas había animación si estivo animada a saída e a chegada.
E todo esto cunha organización perfecta e compartindo quilómetros cun campión do mundo coma Abel Antón (tío fabuloso por certo) e sumando para unha boa causa das vítimas dos accidentes de tráfico.
Creo que entre ambas probas eramos 1300 máis as probas menores.
Ogallá para o ano sexamos o dobre xa que paga a pena.


Última edición por Xertiz o Dom, 25 Xuñ 2023, 14:21; editado 4 veces
Babybeetle

Novo foreiro
Novo foreiro
4/04/16
10 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Xuñ 2023, 9:26
Asunto: Re: Carreira Ponle Freno Pontevedra

Xertiz creo que fumos a carreiras distintas, a organizacion "perfecta", claro, mandanos a casa de Dios a correr, non fai falta cortar apenas duas calles, nin unha sola persona animando en 9300 metros de de 9500 que ten a carreira, fea con ganas. Pontevedra caracterizase precisamente pola cantidade de calles peatonales que ten, que menos que facela polo centro como se fixo de toda a vida para dar mais visibilidade a finalidad da proba. Metennos polas marismas, non se rompe a organizacion a cabeza tanto e todos contentos. Cada ano peor e menos xente
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Xuñ 2023, 10:58
Asunto: Re: Carreira Ponle Freno Pontevedra

Iriamos a mesma carreira Babybeetle pero hai unha cousa que é subxectiva que son os gustos de cada quen...
Entendo que a ti te gustaría fora doutro xeito. Eu como non fora noutras edicións pois non podo comparar .
Apertas!
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Xuñ 2023, 11:43
Asunto: Re: Carreira Ponle Freno Pontevedra

Guiño
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
490 Carreiras
3760 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Xuñ 2023, 12:32
Asunto: Re: Carreira Ponle Freno Pontevedra

Eu non abrín tema xa que ata o xoves, casi venres non me inscribín, nunca fora, pero varios compañeiros do clube que xa a correran ian ir, así que como me falaran ben decidin acompañalos.
Carreira ben organizada, pero o percorrido a parte de ser rápido non ten nada salientable, xa que é basicamente por pistas de terra na outra orilla do río, lugar que paréceme moi adecuado para adestrar, pero non para facer unha carreira cun fin social e poder visibilizar a causa.
Respecto a carreira, obxetivo correla a 4'30" e así foi máis ou menos, xa que no Km. 8 adiantanme 2 corredores e cando me fixo nun deles, era o grandísimo Abel Antón, así que decidín ir con el, o principio un pouco forzado e temendo que na subida final pegara un cambio de ritmo e deixárame atrás, pero foi o revés o que se quedaba era él, pero decidín seguir con él para entrar na meta cun "grande" e en canto chegamos varios fotógrafos a sacarlle fotos, polo que aproveitei para acoplarme e sacar unhas instantaneas, (agora a ver se localizo algunha). Comentaronme despois que Abel Antón, lesionouse na carreira Ponle freno de Málaga do día 11, na que fixo 41'24" e debeu ir con precaución.
Non descarto repetir se non hai outras opcións, xa que ó xa comentado da distancia moi escasa, hai que engadirlle a falla de duchas, polo que nos adecentamos un pouco ainda que malamente e a cear polo lugar, xa que facía unha noite fabulosa.
Respecto a participación, moi baixa, entre as duas carreiras rematamos sobre 700 corredores, pudo influir tamén facela ó día despois da noite de S.Xoan.
Un saudo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
490 Carreiras
3760 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Xuñ 2023, 12:38
Asunto: Re: Carreira Ponle Freno Pontevedra

Xertiz escribió:
Boas! Acabo de chegar desta carreira e estou sorprendido que non houberamos falado dela no foro. Carreirón carreirón carreirón!!
.

Xa había tema aberto o día 11 por Tartarugo.

www.correrengalicia.or...mp;t=23096
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1152 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Xuñ 2023, 8:32
Asunto: Re: Carreira Ponle Freno Pontevedra

Kurty escribió:
Xertiz escribió:
Boas! Acabo de chegar desta carreira e estou sorprendido que non houberamos falado dela no foro. Carreirón carreirón carreirón!!
.

Xa había tema aberto o día 11 por Tartarugo.

www.correrengalicia.or...mp;t=23096

Efectivamente, pero como o foro anda algo desaforado últimamente, tampouco é cuestión importante a duplicación de temas.

Eu pola miña banda contento, baixei dos 6'/km que era o obxectivo aínda que sufrindo na segunda metade dos 10k, mellor dito 9.5k . Cada vez íase achegándose máis o da vela ( debía ser incómoda, mellor tería sido o globo, pero a publicidade é o que ten ) de 60' pero conseguín que non me atrapara. Fun claramente de máis a menos, seica a calor e verme con menos referencias na segunda volta pasou factura.

En canto o percorrido comparto sensacións xa postas polos compañeiros... Desanxelado pero bonito, cero ánimos para os corredores agás algo en saída e bastante menos en chegada. Por unha banda era agradable a zona máis fresca da beira do río, por outro lado dalle pouca visibilidade á causa pola que se corría. Quizais un domingo pola mañá sería máis factible un percorrido máis urbano e con máis animación nas rúas, non o sei. Polo resto, boa organización e menos participación ( alomenos no 10k ) do que esperaba

Se eu puiden, ti tamén...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos