Dom, 09 Xul 2023, 19:28
Asunto: Re: II MEDIA MARATÓN E 10QM CAMIÑO INGLÉS
Como cambia a percepción dunha carreira según as circunstancias climatolóxicas, hoxe día perfecto para correr, incluso con algo de fresco antes da saida.
Respecto a miña carreira, moi contento, coma sempre sain reservón, xa que está carreira os primeiros Kms. son moi rápidos, baixando sobre todo e despois ten varias subidas, bastante duras e longas a do 6 ata pasar o 7 e a do 13, despois ten varias curtas e máis levadeiras, sendo os derradeiros Kms. rápidos. Un crono de 1h40'55" oficial, 11 minutos menos que o ano pasado, pero este ano estou bastante mellor de forma e sen a calor do ano pasado.
Moi poucos corredores para o gran traballo da organización 131 inscritos e 116 que rematamos, (no 10K paralelo unhas cifras similares) agardemos que sigan apostando por ela e sobre todo que se animen máis corredores a participar, paga a pena.