Ven, 07 Abr 2023, 9:59
Asunto: Re: Diario de Mac-ray
Luns 3 de Abril: un chisco de forza de abdominal, peito e sentadilla suave.
Martes4: 12.37k a ritmo medio de
4'40" acompañando a grupo con distintos traballos de repeticións largas a ritmos aproximados de 4' os máis rápidos,
2000, 1000, 600 x2 e algunha cousiña máis con costa.
Mércores: 06:30 =Mindfullnes +
7.3km a media de 5'/km como máis rápido algún mil a 4'30"
Mércores 11:20 =
4.22km a media de 5'39 pero no estadio acompañando a Antón que tiña series entón foron
6 x 200 en 33" de media recuperando 45" e rematando con 1 x 1000 a 3'00"
Martes e Mércores de mañá o corpo pedía descanso e recuperar dunha finde con moito km e sobre todo de monte ao que levo tempo sen competir, pero ao ter que activarse mentalmente para axudar a un compañeiro na pista, o corpo parece que mantén a chispa e a capacidade de marcar os ritmos exactos cando hai que tirar nunha serie, unha capacidade curiosa que sempre tiven foi a de saber por sensacións cando corro a 2'30" ou a 3'00" ou a 4'00" algo que é de interés cando toca marcar ritmos a outras persoas.
Bici=16km facendo recados varios pola cidade
Xoves: 7.08km a media de 5'17" como máis destacado
1x1000 a 4'30" acompañando ao grupo, o corpo sigue en modo pedir relax...
Venres: Descanso con
4km de bici e paseo decalzo pola praia
Sábado: 3.47km a 5'18" probando zapas de trail por monte
Domingo: Muerte y destrucción=
26km media de 5'34" pola curota, campionato de Galicia de trail, obviamente non chegaba coa preparación necesaria, na primeira subida forte os sóleos ardían que parecía iban estoupar, cheguei primeiro ao inicio da subida e coroei 5º

a partir de ahí sufrindo moito na segunda subida dura de máis de 3k pasando a ser 7º pero despois resucitando nas zonas rápidas para ir remontando ata o final ser 3º pero xa con isquios querendo subirse, pes fervendo e muscularmente moi tocado pero a experiencia pagou a pena, fumos campións por equipos
Rematamos a semana cun
total de 60.46km a media de 5'18"
www.youtube.com/channe...subscriber