Foros ›
XIV CARREIRA DA POBRA DO CARAMIÑAL
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
505 Carreiras
3839 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Ago 2023, 17:50
Asunto: XIV CARREIRA DA POBRA DO CARAMIÑAL

O vindeiro Domingo celébrase esta carreira, a cal me queda bastante cerca da casa.
Imaxino que será o mesmo percorrido, un circuito de 2 voltas de 4 Kms. para facer os 8, moi chanciño por certo. O peor, podría ser o horario da mesma, as 11:30, pero como vexo que para o domingo dan unha temperatura suave, xa me apuntei (o ano pasado, ata facía fresquiño cando chegaramos a Pobra).
Inscripción en emesports e forma parte do VI Circuito Barbanza Arousa (A Pobra, Ribeira, Rianxo e Boiro), podéndose inscribir o circuito ou individualmente a cada carreira, cousa que fixen eu.
Habendo un gran número de isncritos nestes momentos entre o circuito e a carreira andamos polos 240. Rematando o prazo mañán.

eventos.emesports.es/i...ion_datos/
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
505 Carreiras
3839 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Ago 2023, 17:38
Asunto: Re: XIV CARREIRA DA POBRA DO CARAMIÑAL

Preciosa localidade, a que lle teño cariño, xa que teño lazos familiares aquí.
Mañán calurosa para correr, as 11:30 non é a ideal para facer actividade física, menos mal que por veces cubreuse algo o sol.
Saida dende atrás de todo despois dun pequeno quecemento, para ir collendo ritmo, o máis lento locicamente foi ese 1º Km. a 4'35, despois xa foron todos algo por debaixo de 4'30", adiantando corredores pouco a pouco, facendo a 2ª volta máis rápida ca 1ª. Para un ritmo por meu crono de 4'27", non quedando nin da metada para adiante dos 278 que rematamos a carreira.
Despois avituallamento a base de auga e sandía fresquiña que boa falta facía, tamén había rosca e non sei se algo máis.
Duchiñas cerquiña da meta, nas instalacións do clube de remo e a tomar algo nunha terraza antes de marchar para casa.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos