Lun, 11 Set 2023, 20:09
Asunto: Re: 40 MEDIA MARATON VISEU (09/09/23)
Outra para a saca. Moi bo finde o que pasamos por Portugal, saida o venres despois de xantar e boas camiñadas que nos pegamos, xa ese mesmo día en Chaves e sobre todo o sábado antes da carreira, por Viseu, un día moi bo para correr, xa que facía unha temperatura agradable e sen vento.
A carreira as 20 h. con saida dende o interior do recinto da feira de San Mateus e o certo que tiña as pernas cargadísimas antes de escomenzar, así que coloqueime bastantes atrás sen quentar nada e caseque un minuto depois do disparo pasei baixo o arco, escomenzando en subida uns centos de mts. e moi atrancado loxicamente polos corredores entre as 2 carreiras pasamos dos 1000 chegados a meta, 1º km, o máis lento da media en 5'27"despois ata caseque o km. 4 , moi favorable, xa que case todo llanear e baixar, ahi damos a volta e invertimos a dureza, do 7 ao 9 todo subida con algún descansiño, (non me pareceu moi dura, xa que meu obxetivo era rematala) e do 9 o 10 todo baixada e tocaba facer unha 2ª volta, eu case que todos os Kms. entre 5' e 5'10", na 2ª volta fixen 4 uns segundos por debaixo de 5', o que pasa que cando estabamos chegando a meta e levabamos polo meu gps, 20'700 Kms. nos fixeron dar unha volta ca que non contaba para chegar a distancia, marcándome un total de 21'470, unha distancia homologada ó final, para un oficial de 1h49'23" e posto 217.
En resumo, boa organización con todos os servicios que se poden pedir, 5/6 avituallamentos máis o final, composto de auga, isotónico en vaso, barrita enerxética mazán e platano e como non, medalla e camiseta, entrada gratuita a feira para o corredor e 2 acompañantes, valía 3€ a entrada.
Despois de coller a bolsa no gardarroupa, cambieime e xa quedamos a cenar na feira e como había unha orquesta ainda quedamos un rato a ver a actuación.
Na entrega de premios sorprendeume escoitar que había un corredor que disputara as 40 edicións da media con 80 anos, vaia crack o home.