Foros ›
40 MEDIA MARATON VISEU (09/09/23)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
505 Carreiras
3839 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Ago 2023, 19:16
Asunto: 40 MEDIA MARATON VISEU (09/09/23)

Despois do parón veraniego, toca retomar as medias maratóns cunha que nunca corrín, esta quedame un pouco lonxe da casa no interior de Portugal, se a costa teñoa bastante visitada o resto de Portugal case que nada.
A carreira coincide ca Feira de S. Mateus, unha das máis importantes de Portugal que vai do 10 de agosto o 21 de setembro, vin varios videos en Youtube.
E unha das medias máis veteranas de Portugal, vai pola sua 40 edición, ainda que tivo outras denominacións anteriormente, so superada pola media de S. Joao das Lampas, cerca de Lisboa, que este ano coincide no mesmo día e a máis veterana a Media de Nazaré,
Este ano faixe pola tarde, as 19 h. portuguesa, motivo polo que me decidín, xa que o día 10 hai outra media en Vila Real, tamén interior e que me queda bastante máis cerca, pero é as 10 hora portuguesa, que sería as 11 nosa e pode facer moita calor.
Percorrido de duas voltas durecho e pouco atractivo polo que vin e lein, habendo tamén un 10 K e a típica camiñada dos eventos de Portugal, polo que se vai a xuntar unha morea de xente.
Xa estou inscrito e máis ou menos preparado despois de facer hoxe unha tirada de algo máis de 1h15, non sei distancia xa que quedeime sen batería o pouco de escomenzar.

stopandgo.net/events/m...023/prices
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4852 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 05 Set 2023, 16:45
Asunto: Re: 40 MEDIA MARATON VISEU (09/09/23)

Suertepor el sur,ya contarás.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
505 Carreiras
3839 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Set 2023, 20:09
Asunto: Re: 40 MEDIA MARATON VISEU (09/09/23)

Outra para a saca. Moi bo finde o que pasamos por Portugal, saida o venres despois de xantar e boas camiñadas que nos pegamos, xa ese mesmo día en Chaves e sobre todo o sábado antes da carreira, por Viseu, un día moi bo para correr, xa que facía unha temperatura agradable e sen vento.
A carreira as 20 h. con saida dende o interior do recinto da feira de San Mateus e o certo que tiña as pernas cargadísimas antes de escomenzar, así que coloqueime bastantes atrás sen quentar nada e caseque un minuto depois do disparo pasei baixo o arco, escomenzando en subida uns centos de mts. e moi atrancado loxicamente polos corredores entre as 2 carreiras pasamos dos 1000 chegados a meta, 1º km, o máis lento da media en 5'27"despois ata caseque o km. 4 , moi favorable, xa que case todo llanear e baixar, ahi damos a volta e invertimos a dureza, do 7 ao 9 todo subida con algún descansiño, (non me pareceu moi dura, xa que meu obxetivo era rematala) e do 9 o 10 todo baixada e tocaba facer unha 2ª volta, eu case que todos os Kms. entre 5' e 5'10", na 2ª volta fixen 4 uns segundos por debaixo de 5', o que pasa que cando estabamos chegando a meta e levabamos polo meu gps, 20'700 Kms. nos fixeron dar unha volta ca que non contaba para chegar a distancia, marcándome un total de 21'470, unha distancia homologada ó final, para un oficial de 1h49'23" e posto 217.
En resumo, boa organización con todos os servicios que se poden pedir, 5/6 avituallamentos máis o final, composto de auga, isotónico en vaso, barrita enerxética mazán e platano e como non, medalla e camiseta, entrada gratuita a feira para o corredor e 2 acompañantes, valía 3€ a entrada.
Despois de coller a bolsa no gardarroupa, cambieime e xa quedamos a cenar na feira e como había unha orquesta ainda quedamos un rato a ver a actuación.
Na entrega de premios sorprendeume escoitar que había un corredor que disputara as 40 edicións da media con 80 anos, vaia crack o home.
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
488 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Set 2023, 22:34
Asunto: Re: 40 MEDIA MARATON VISEU (09/09/23)

Grazas pola crónica!
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4852 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 12 Set 2023, 7:58
Asunto: Re: 40 MEDIA MARATON VISEU (09/09/23)

Enhorabuena amigo,y gracias por la crónica.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos