Sáb, 09 Set 2023, 11:39
Asunto: Clásicas que oxalá resucitasen
A raíz da feliz volta da "Marathón" de Mugardos esta tarde, estiven pensando estes días no cross de Cabanas polo seu carácter totalmente popular e ata "enxebre", con dorsais escritos a man e incluso cronometraxe "a ollo". Sen embargo, convertíase nunha importante concentración de "gallitos/as" da zona, facendo que para acadar un bo posto había que correr moi, moi, moi rápido
Tamén se me acordou (como betanceiro), a Volta á Ría, esa MM que me consta añorada non só por xente da zona. Dura, pero fermosa (creo que así a definira un tal P.Nimo), hai anos que está fora do calendario.
Para completar un tridente e para meter algo de monte, tamén me gustaría citar o trail de Paderne, que creo que tivo 3 edicións. O chulo é que cada ano partía dunha aldea diferente coincidindo coas festas da zona, e que era pouco técnica, ideal para adentrarse no mundo do trail. Ademais, teño a sorte de ter un trofeo moi coñón dun xabarín roubando uvas, tallado en madeira. Non é que teña moitísimos, pero dende logo é dos meus preferidos.
Non sei se me estou deixando algunha (seguro que si), pero bueno, abro este fío por se alguén quere contar se bota de menos algunha proba e, quen sabe, ó mellor ata o lee alguén que pode facer que algunha destas probas resucite. Por soñar....