Mar, 19 Set 2023, 20:08
Asunto: Re: IX MEDIA MARATON RIBADEO. AS CATEDRASI 16/09
Fin de semana climatoloxicamente perfecto, daban choiva e nos que chegamos o sábado pola mañán non pillamos nada de nada, adiantouse e caeu o venres pola tarde e a madrugada do sábado.
Como non as tiña todas conmigo, por correr unha media durecha, xusto o sábado anterior, non quentei máis que os 400 mts que hai dende a casa dos meus cuñados ata a saida.
Gran ambiente o que se respiraba pola zona de partida, unha chea de corredores, ainda que eramos 729 inscritos, só rematamos 523, máis outros 5 entre descalificados e que non remataron.
Saida de bastante atrás, caseque 30" ata o paso baixo a pancarta e a tratar de coller ritmo, os 3 primeiros Kms, son polo pobo e moi chanciños ou en baixada, pero o paso do Km. 3,200 escomenza a subida que lle chaman a costa de Calvo Sotelo, xa que ahí está a casa do expresidente do goberno, son uns 400 mts. durechos, pero ainda segue picando para riba outros 200 ata o paso pola capela, seguimos todo por asfalto ata o carón do faro da Illa Pancha, ahí cruzamonos cos outros corredores e xa toca encarar o percorrido pola costa, a partir de aquí xa alternamos o asfalto cas pistas de terra, nas subidas e baixadas precaución, xa que hai moita pedra solta.
E xa é constante un rompepernas total, impresionante coma sempre o paso por Rinlo, moita animación co engadido este ano duns mozos que debían estar de despedida (volvín a velos nunha terraza pola noite cando saimos de cear do restaurante) vaia jolgorio que facían animando.
A partir do km16 empecei a sentirme cansado, así que nas baixadas tentaba recuperar, no paso polo Km 18'9 estaban as miñas sobriñas animando a rabiar, xa que estaban colaborando nun cruce indicando por onde ir. Cos folgos que me deron xa me foi doado rematar o que quedaba, ainda que sen apurar moito o ritmo na longa reta de chegada na que fun adiantado por 3/4 corredores que os sobrepasara eu un pouco antes.
Moi contento ca miña 1h44'03" neto e posto 165. Cando me despertei o día seguinte tiña as pernas cansadísimas, parecía que tiña unha corriente eléctrica por dentro, pero co paso do día foi pasando algo a pesadez. 155 media maratón realizada.
Un saudo.