Lun, 02 Out 2023, 7:33
Asunto: Re: XL CARREIRA POPULAR DA AMAÍA (01/10)
pois aí aí andivemos
había dous ou tres anos que non ía (polo menos) e fun un pouco sen saber moi ben como era a cousa. Alí mesmo na saída souben que eran dúas voltas (10K)
Así que o plan de "ir rapidiño que total logo acabas" foi ao carallo
e tiven que regular un pouco.
a min temperatura resultoume agradable, pero é verdade que para ser outubro quentaba. Daban auga ao pasar así que non había problema.
Moito gusto ver tanta rapazada nas carreiras das outras categorías
e na de personas mayores tamén nos xuntamos un lote
O circuito resultou ser moi moi parecido ao que se facía pero saíndo dunha rúa alá abaixo en lugar de na carballeira de Santa Minia. Un pouco jodido se saes a lo loco, pero polo menos é entretido e non unha carreira nun polígono.
Grazas a todas as persoas que
traballan para sacar a carreira adiante un ano máis
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"