Ven, 15 Dec 2023, 18:33
Asunto: Re: I TRAIL DO CERVO - CAMPO LAMEIRO (04/11/2023)
Moi boas!
Dende a organización, dar as grazas a todos e todas as participantes que viñestes correr o pasado sábado día 9 a Campo Lameiro. Persoalmente, que son de aquí, resúltame super emocionante ver a tanta xente correr e desfrutar do que lle gusta por lugares do meu día a día aos que acudo para liberarme, aínda estou en shock.
As críticas foron moi boas, o percorrido era espectacular e así nolo comentastes. O problema é que o día estaba de auga, néboa e vento, especialmente nas zonas altas, o que complicou moito a visibilidade das balizas e iso tamén fixo que algunha persoa se perdera, pero reengancharon fácil. Culpa nosa tamén por non poñer voluntarios nos cumios e tamén máis balizas, pero a verdade é que son cousas moi solucionables de cara a futuras edicións.
Temos unha zona espectacular e estamos nunha ubicación clave, e o TRAIL DO CERVO, o cal soñei dende fai tempo, é unha realidade! Anímovos a que sigades as contas de O EIDO DO CERVO nas redes para estar ao tanto de todo, xa que tamén imos organizar pequenas saídas, sen compromiso e de balde, para pasar un bo rato.
A traballar xa no TRAIL DO CERVO 2024!