Lun, 21 Abr 2008, 9:43
Asunto: Re: XX Carreira Popular do S. Isidro. Concello de Rois
Ola a todos/as:
Podedes ver toda a información desta carreira, no calendario desta mesma páxina, pero a data definitiva é o domingo 18 de maio as 10:30h.
Para chegar a Rois:
Os que chegan pola estrada de Pontevedra e Ribeira: ao chegar a Padrón seguir dirección Noia e no Km 4,5 aproximadamente atoparedes o lugar da saída, no Campo Da Festa de Rois (Igrexa de S. Mamede).
Os que chegan pola estrada de Santiago: antes de chegar a Padrón, na Rotonda do Hotel Scala, desviarnos dirección Rois-Noia, seguir esa estrada nova, e ao chegar á fábrica de Aluminios Cortizo, desviarse a dereita (Rois, Augasantas), seguir esa estrada e logo de 2 Km atoparedes a saída.
O prazo de inscrición remata o mércores 14 de maio ás 14:00h ( o día da carreira non se admitirán inscricións), agás para a categoría de pitufos/as que se poderán inscribir o mesmo día da proba.
Un saudo a todos/as e vémonos en Rois.