Foros ›
Autor
Mensaxe
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4277 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Out 2023, 19:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Sigues en forma para una media. Alucino. Ya contarás lo de los 21.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 05 Nov 2023, 17:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: " A 21 de Vigo"
Minto máis que respiro, últimamente. Se cadra debería cambiar de profesión e pedirlle a Rueda ou Feijoo que me contraten de asesora de campaña.
Pero precisamente porque sigo na profesión que teño, tocoume un mes de traballo extra diante do ordenador, sen subir dos 14 ou 15 km de rodaxe semanais, no mellor dos casos, e a ritmos de 6min/km. Creo que nunca me enfrontei a una media maratón con tan pouca preparación. Unha tolería.
Así que os obxectivos hoxe eran rematar a carreira viva e volver a casa sen lesións. Calquera outra cousa sería secundaria. Especialmente tendo en conta que era a primeira vez que facía esta carreira e non lle tiña collido o tintimán ao percorrido.
O meu utillero e preparador físico esta vez fixo só de chofer para a ida, e xa quedou agotado no intento, con tantos cortes de tráfico e desvíos que pillamos de Teis ao Vao.
Cando cheguei xa había moita animación, se cadra demasiada.
Toda unha invasión de compañeiros e compañeiras nécoras polo gardarroupa e a cafetería.
Por unha vez pareceume que a cola para os aseos dos homes era moito máis longa e lenta que a de mulleres, pero ao final resultou ser unha ilusión óptica.
Solventado este obstáculo inevitable, marchei para afora a quentar un pouco, escorrentando a chuvia intermitente coa capa de plástico.
Como eramos só catro gatos e o spiker xa estaba aburrido de entrevistar pola banda de Laiño, entón doulle por vir á banda de Lestrove. Eu andaba ao meu, e de súpeto escoito por megafonía : "... E temos aquí a esta compañeira do Car Marisqueiro que nos vai dedicar unhas palabras" Así, en seco, sen levar a chuleta preparada... En fin, contestéi cómo puiden as clásicas preguntas ( tan clásicas que non lembro ningunha). Como eran só catro gatos a escoitar tampouco creo que tivese máis trascendencia.
Xa a cinco minutos da saída voume indo para o furgón de cola, procurando quedar entre o globo de 1 hora 55 e o de 2 horas, pensando que se cadra debería irme aínda máis atrás.
Ao meu carón estaba o compañeiro nécora JAGC, comentando que tamén viña tocado e con intención de simplemente rematar.
Saímos con calma. Sentíame cómoda e fun tirando ao meu ritmo.
Máis ou menos no km 3 atopei a Andres61, e púxenme á par, con intención de asinar un contrato de coexistencia pacífica e colaboración bilateral para todo o percorrido.
A cousa ía funcionando ben, tirando mutuamente nas costas arriba, freando sen crear ocos nas costas abaixo, desafiando aos trebons, gozando das ocasionais visitas do arco da vella, e ata botando peito ante algún desafío, como o de rebasar e deixar atrás a certa archirrival común, así, dous contra unha, cousa que logramos se esforzo entre Canido e Samil.
Nese momento uniuse a nós desde atrás o compañeiro JAGC. Tras un breve intercambio de saúdos ( tan breve como os folgos que nos deixaba o ritmo de carreira), JAGC fainos unha seña da brisca, ou do tute ( eu sempre fun malísima para iso), indicando sen palabras que tiñamos aí outra vez á par á nosa archirrival.
Non me sorprendeu, porque é unha persoa que resiste ben, e ten moi traballada a estratexia da "goma".
Pero os seres humanos somos así, e saíume a vea esa de "madre por mí y mis compañeros", e fixen cambio de ritmo e púxenme diante.
Creo lembrar o berro de guerra de Andres61 antes da rotonda da Avenida de Europa, o que interpretei como sinal de que os tres recuperaramos as posicións. E así parecía ser que iamos durante o tramo de subida, e polo tramo de baixada de novo ata Samil.
Chegando outra vez á rotonda miro para atrás e vexo que Andrés61 estase a quedar bastantes metros atrás. Por un momento non sei se frear ou volver. Pero él berra : - "Tira, tira!"
-"Síntoo moitísimo, avogado!" contesteille.
E tirei ao meu ritmo. Máis ben ao ritmo cómodo que me deixaban os pulmóns. Por aí non había problema ningún. O conflicto era cos glúteos e cuádriceps rebasada a distancia dos 9 km que están afeitos a facer.
Pero quen manda é o cerebro. Fun sobornando á musculatura a base de gominolas enerxéticas cada 5 ou 6 km. Non evitei o conflicto laboral, pero polo menos non se chegou á situación de folga/piquete/calambre.
Por esa recta interminable que vai de Bouzas ata o Areal sufrín outra ilusión óptica: Non sabería dicir de que equipo era esta muller, levaba unha camiseta gris escura coa inscrición da palabra "finisher" detrás, en maiúsculas. Ás veces adiantaba eu, ás veces adiantaba ela. Unhas veces levaba coleta, outras trenzas, outras o dorsal pegado detrás. Pero para min sempre eran as mesmas pernas e o mesmo ritmo... En fin, serían dun grupo deses de relevos cuádruples que había. Vai ti saber cantas eran no equipo e cantas adiantei realmente...
Sumida nesas reflexións filosóficas vinme xa no tramo dos túneles. Moi futurista o efecto de ir por aí, a escuras, sen coches. Parecía como sacado de "Los juegos del hambre" ou "Mad max".
Cando me tocou de facer o tramo de volta vin pasar polo outro lado a Andres61, e dinlle un bo berro de ánimo. Saber que seguía vivo e non moi lonxe curoume un pouco a mala conciencia de deixalo en Samil á súa sorte ( unha edición máis).
De alí a pouco tempo tocou saír do túnel (en todos os sentidos).
Salto de pozas pola zona peonil, algún saúdo efusivo dalgún compañeiro nécora, e xa por fin a chegada ao Náutico, con sol e todo.
Segundo o meu Garmin 1 hora e 57 minutos e algo máis.
Xenial. As festas para despois, a prioridade agora era recuperar a mochila, cambiar a roupa e non arrefriarme.
Costou un pouco dar co sitio e atopar algo de espazo onde remexerme alí , pero logrei no enredar moito.
Paso número dous, unha vez cambiada e abrigada, atopar algún cartel ou pantalla coas clasificacións... Ao final só avisaban por megafonía, co cal tocou ir ao paso número tres: dar co lugar das premiacións. E iso si que foi difícil. Os meus compañeiros de equipo mais eu pensabamos nuns caixóns ao aire libre nalgún lateral do Náutico, espazo aberto onde saúdar, sacar fotos, moverse en definitiva... Pero a organización optou por meter a todo o mundo no almacén pequerrechiño que previamente fixera de gardarroupa. Outra tolería.
O que non sabía eu era a contrapartida que ía traer ese estado de apiñamento: Resulta que o padriño da carreira, Gómez Noya , o olímpico en persoa, despois de recoller o seu agasallo viuse para a esquína onde estaba eu, con tan só un espectador de separación. E como el estaba alí instalado, a madriña da carreira, Julia Vaquero, pasouse tamén a saudar.
Como son unha persoa educada e respetuosa, deixei o meu móbil ben tranquilo no peto. Nada de fotos roubadas, nin de andar a incordiar con solicitudes de selfies... Pero cando me tocou de moverme e pasar por diante, non o puiden evitar : "Seguro que xa cho dixeron mil veces esta mañán pero aquí vai outra: Grazas por vir, e grazas por estar aquí asistindo a todas as premiacions e no só as primeiras" Un par de sorrisos encantadores por resposta... Como non teño fotos igual diredes que o estou a inventar. Pero xuro que foi certo é teño testemuñas Sorriso
Resumindo, que xa me estou alongado de máis :
- Sigo de segunda na F4, o cal xa a tiña asegurado só con participar
- Tempo oficial 1:57:51 ou algo así
- Posto 37 de 64 na xeral feminina da media maratón
- Case 7 minutos de vantaxe en meta sobre a archirrival, que tamén foi adiantada finalmente por Andres61 e JAGC. Outros peinan bombillas para entreterse e motivarse, pero que lle imos facer, a condición humana é así. Non vou negar que foi divertido.

Dentro dunha semana toca ir á San Martiño. Visto o visto, creo que me vou dedicar a descansar todos estes días e tomala como entreno de descarga. Se chego alá e acabo en menos de 55 minutos, patento o sistema de "non entreno"


Última edición por Meigalicix o Dom, 05 Nov 2023, 23:39; editado 2 veces
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Dom, 05 Nov 2023, 20:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix


freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4277 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Nov 2023, 11:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Cuando una crónica se extiende con placer es una señal clara de que la que la escribió está encantada con el resultado. Fue un día redondo, eso sí se cheira. El tiempo espectacular, ya me gustaría. Los rivales en su sitio. Andrés sigue dando caña. Y Gómez Noya ya de postre.

Fantástico Meiga.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1880 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Nov 2023, 7:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Un Placer volver a coincidir contigo después de tantos años.
Los 10 primeros Km tirando de mi un privilegio.
Ibas a muy buen ritmo y no creo que hubiera podido seguirte.
No obstante continué a mi ritmo y fui con el cuchillo entre los dientes siguiéndote en la distancia y apreté lo que pude en los 2 últimos Km (competividad????? mezquindad????).
En fin hubo justicia y entraste por delante. Felicidades Alicia.
Gracias Freaky!
Coño! DoctorSlump! Que alegría!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4362 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Nov 2023, 14:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pues está muy bien, Meiga.

Y qué sorpresa, el Doctor Slump haciendo argucias legales cuan Pedro Sánchez para asomarse por aquí sin romper su promesa.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Nov 2023, 20:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : " 46 carreira de San Martiño en Ourense "
Antes de entrar no relato en si, teño que dicir o contenta quedei toda a semana cos catro comentarios de luxo no diario. Aquí xuntos o Doutor, don Andrés, Freaky e 101 ... Certo que os vellos tempos quedan lonxe, pero mentras hai vida hai esperanza, din por aí.
E diso toca falar hoxe, de que todavía hai vida atlética aínda que pasei a semana sen entrenos (só unha visita á fisio o martes para descargar un pouco).
Nesta ocasión non fun de víspera a Ourense, e tocou madrugar pola mañá. Pero hai cousas que nunca cambian, como o feito de que a nubosidade e a chuvia desaparezan segundo se pasa a fronteira provincial. A saber que tratos ten Baltar pai con meteogalicia...
Sobre as 10 xa tiña o dorsal no meu poder, ás 10. 30 xa leva a un tempo quentando arredor da rotonda do Milenium, cousa que se cadra non facía demasiada falta porque calor xa facía bastante de por si.
No medio do barullo multicolor dúas voces berran detrás miña. Eran Motogrosso e Papa-Leguas saudando. Aproveitei para chorarlles un pouco non ter novas deles nos diarios. Papa-Leguas contestoume que está todo tan triste e cheo de arañeiras que non xa non lle chama volver a escribir. Comprensible, pero máis triste sería que deixaramos de escribir todos, por iso eu sigo.
Despois do breve intercambio de saúdos xa me fun coas compañeiras de equipo para a zona de saída.
Todo máis ou menos coma sempre. Se cadra algo xusta de forzas na primeira subida, demasiado concentrada en recuperar folgos despois do primeiro paso pola ponte vella.
O silencio maioritario do público tampouco cambiou con respecto a edicións anteriores, pero hoxe eu tiña o día máis rebelde, e cando pasamos pola zona do casco vello en que estaba a xente parada e calada saindo de misa non puiden evitar berrar: "A ver, que aplaudir vale tanto como rezar!!" , cousa que arrincou un pequeno puñado de aplausos na concurrencia. A que se lle conte...
Cada ano o circuíto faiseme máis curto. De contado me vin xa gastando a última ración de gominolas enerxéticas e pelexando na costa de Francisca Herrera. Xa só quería acabar de vez, mentras un mundo de xente me adiantada no segundo paso pola ponte vella.
E por fin na meta. No meu Gramin 54:11, no arco 54:50 ou algo así.
Datos oficiais :
Posto 7 de 26 mulleres máster 55
Posto 171 de 576 mulleres na xeral feminina ( case un 30% do total de participantes)
Un día máis de obxectivos ( modestos) cumplidos, tendo en conta que só aspiraba a baixar de 55 minutos.
Menos de un mes por diante para a última carreira da tempada.
Pero nesta semana vou tomar todo con calma.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 19 Nov 2023, 22:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Operación F4 na recta final

Quedan exactamente 14 días para a última carreira do circuíto Run Run Vigo. Iso equivale a 5 entrenos máis, como moito.
Esta semana, entre a recuperación da San Martiño, algunha sesión de carretada de sacos de cemento e a conciliación laboral imposible, non puiden saír a trotar ata hoxe domingo pola mañá... Por escapar da rutina e do calor do sol ó mediodía, acabei indo pola Xorxa ata a Vía Verde e Arealonga. O malo de comezar en baixada é que hai que rematar en subida. Ao final saíron 8,5 Km en 52 minutos... En fin, menos é nada.
A ver cómo evoluciona todo na semana que entra.
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 20 Nov 2023, 17:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:

O silencio maioritario do público tampouco cambiou con respecto a edicións anteriores, pero hoxe eu tiña o día máis rebelde, e cando pasamos pola zona do casco vello en que estaba a xente parada e calada saindo de misa non puiden evitar berrar: "A ver, que aplaudir vale tanto como rezar!!" , cousa que arrincou un pequeno puñado de aplausos na concurrencia. A que se lle conte...

Ole tus narices Meiga! Tal como está el patio poniéndote a increpar a la gente de bien que sale, en recogimiento y temor de dios, del oficio religioso.
Emplazándoles a que, en lugar de tanto implorar salud, dinero y amor a tallas de madera policromada y pan de oro, tengan un mínimo instante de reflexión hacia el prójimo sufriente, aún como en nuestro caso, en modo autoinfligido, y por tanto pecaminoso.
Me lo apunto para el próximo San Martiño. Eso es, claro está, si este nuestro atlético valle de lágrimas no cambia de orografía, como se propone hacer y desfacer el santón máximo de nuestra urbe et orbi, San Jácome Milagreiro, discípulo amantísimo del gran San Abel de la Natividad Luminosa y el mensaje feliz de las muñecas Famosa.
No poca cruzada se fragua al respecto, y será misión de toda la ourensanidad llevar a cabo esta reconquista, llegado el caso.
Golpe duro a nuestra fe sería, similar al terremoto de Lisboa de 1755, reverberando sus dramáticas consecuencias a toda la Gallaecia Atlética, provincia romana, católica y apostólica, de perpetrarse dicha ignominia.

En fin, no me pierdo en más prédicas milenaristas... Felicidades por tus resultados, y básicamente por seguir ahí, al pie del cañón, o como diría Víctor Hugo Morales, dejando atrás a tanto inglés.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 03 Dec 2023, 17:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : "Operación F4. Carreira" Érguete e corre" e fin temporada"
Pasaron os 14 nun suspiro, e só logrei sacar tempo e ánimo para un único entreno en todo ese tempo o pasado domingo... Decidín que non estaba de máis facer o propio circuito da "Erguete e corre" para valor o estado do terreo máis o das miñas pernas. As dúas cousas igual de preocupantes : A vía verde inzada de gravilla por mor da chuvia, e as miñas pernas incapaces de facer os 10 km en menos de 1 hora e 5 minutos. O prognóstico para a carreira de hoxe era máis ben pesimista.
Nos últimos sete días seguín en modo "conciliación imposible", cero saídas, cero táboas de exercicios.
Así que o obxectivo de hoxe era rematar o circuíto dunha vez e máis nada.
O bo de vivir na Favela é que Vialia queda a menos de 3 km pola vía verde, co que xa fun quentando de camiño.
Cheguei con tempo abondo para ir ó gardarroupa, seguir quentando, sacar a Carmafoto, saúdar, aturar a arenga afónica de Don Abel I de Oliveville e todas esas cousas que adoitamos facer en cada carreira do circuíto.
Sabía que a costa da Vía Norte na saída ía pasar factura, pero non pensei que fora a ser tan de contado.
Vin como me adiantaban todas as persoas que habitualmente van detrás miña, e o formiguillo que avisa do baixon de glicosa manifestouse antes de chegar ao primeiro cruce. Así que tiven que gastar alí mesmo as dúas gominolas enerxéticas que me quedaban para o resto da carreira.
Fun tirando cruzando os dedos.
Na primeira volta de Travesía - Buenos Aires - Vía Verde funme vendo algo mellor. Pero a clave de recuperar a forma foi a botella de auga que nos deron en Vialia ao paso do 5 km... Non por beber (que só traguei un grolo), senón polo tonificante que foi para os cuádriceps botar a auga fría por riba.
Na esquina de Vialia con Via Norte estaba animando o compañeiro JAGC, ademais de aplaudir me pasa información con moita ansia
- "Vai diante túa a quince segundos"
Xa sabía eu que andaba a falar da nosa archirrival, pero hoxe non tiña forzas para sprints.
Pero pouco a pouco a recuperación de forma ritmo dou froito, e ao longo da Travesía de Vigo fun deixando atrás ás persoas que me rebasaran na primeira volta... Incluso á archirrival, no último kilómetro, xusto antes da baixada final cara Vialia.
Alí conectei cun par de compañeiros de equipo que me levaron pola recta final case da man como quen di. Conste aquí o agradecemento público.
Rematei en 56 minutos, nova PMM desta tempada para 10 km. Peo tampouco foi tan mala colleita:
-Posto 43 de 70 mulleres
- Posto 2 na F 4
E o xeonllo esquerdo no seu sitio e sen protestar demasiado.
Postos a dar cifras, éncheme de orgullo e satisfacción dicir que a participación feminina na 5k foi praticamente paritaria (43%), e que no global carreira eramos o 30% ( cando inaugurei este diario nunca pasábamos do 10%)
Hoxe era a miña sexta carreira do circuíto, o que xa é de abondo para puntuar, e para min remata a tempada.
Espero retomar algo de actividade a partir do día 20 e nos festivos de Nadal
A ver se para o 2024 consigo manter un ritmo de táboas de exercicios e 3 saídas semanais. Pero xa sabemos que pasa coas boas intencións destas datas...
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 04 Dec 2023, 18:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:

Espero retomar algo de actividade a partir do día 20 e nos festivos de Nadal
A ver se para o 2024 consigo manter un ritmo de táboas de exercicios e 3 saídas semanais. Pero xa sabemos que pasa coas boas intencións destas datas...

¿Para qué esperar al 1 de enero con la declaración de buenos propósitos?
Te copio, como dicen por ahí.
Eso sí, voy a tener que pedirle a los reyes magos, papa noel, santa, olentzero, apalpador, caganer y al ratoncito perez, a todos en su conjunto, y dejando a un lado sus diferencias ideológicas, que me regalen mucha fuerza de voluntad para este año próximo, que la que tenía se me ha gastado de tanto usarla.

En cuanto al aumento del porcentaje faro de este diario, simplemente decir que estaría fenomenal de no venir últimamente acompañado también de un lento, pero inexorable, descenso del número en general de corredores, corredoras y corredoros.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 02 Xan 2024, 17:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : "De cando Meigalicix quixo poñer en práctica a sabedoría do refraneiro e liberarse do síndrome da caixa de cartón"
Xa que levo un mes sen correr nin escribir, polo menos deixar unha crónica cervantina que compense a inactividade.
Neste caso ao parón atlético non foi nin por catarro nin gripe A ( e conste que estiven asediada de focos viricos dentro e fóra de casa). Afortunadamente tampouco foi por lesión ( como por desgracia está a pasar noutros diarios). Pero o que é absolutamente certo é que foi un mes de vivir atrapada no síndrome da "caixa de cartón"... Esa caixa de cartón que se supón que tes que encher coas túas cousas cando toca deixar a túa mesa de traballo.
No meu caso foron moitos anos de usar a mesma mesa, e polo tanto foron bastantes horas limpando andeis de carpetas e papeis xa sen futuro para mandar ao contenedor, e varias viaxes de maletín e mochila que levar de volta a casa para procesar con máis calma.
O máis laborioso foi librar a caixa de cartón virtual, é dicir, limpar arquivos dos ordenadores de traballo, sacar copias de todo o actual, e redactar e imprimir informes para a persoa que me veña a suplir... En definitiva "deixar todo atado e ben atado", colocadiño enriba da miña "ex mesa" limpa e baleira, tal e como me gustaría atopala se fose eu mesma a que me tivese que incorporar.
Coa mente e as horas ocupadas no traballo habitual é no traballo extra de "pechar o traballo", fun incapaz de atopar espazo físico, e sobre todo mental para coller as zapatillas e entrenar.
Pero por fin rematou. Xa se acabou o labor de "encher e cargar" a miña actividade laboral. E xa con todos os papeis oficiais na man ( incluída unha carta de agradecemento prefabricada do xefazo supremo), podo facer público que estou xubilada desde o 31 de decembro, pasando a ocupar a bancada das persoas con dereito á tarxeta dourada e outros inventos que de momento aínda existen ( dubido que isto siga así para as xeracións vindeiras).
Por iso neste recén estreado 2024 debería de cumplirse máis que nunca aquelo de "año nuevo, vida nueva".
A novidade neste caso ven sendo que en compaña do meu fiel utillero e preparador físico (recén xubilado tamén), estou a pasar un días de merecido descanso por Andalucía. Concretamente en Córdoba, onde vai frío pero luce un sol fermoso.
Hai tamén un maravilloso entramado de carriles bici e un paseo de la Rivera estupendo, pero non trouxen as zapatillas nin as cintas elásticas das táboas de exercicios.
Con todo, hoxe día 2, decidín que por fin habería que poñer o contador de novo en marcha, e na habitación do hotel apañeime para facer a primeira táboa de exercicios e estiramentos do ano.
Agora que non teño que fichar a ningunha hora e que ninguén me vai poñer falta ou retraso, xa non teño escusa para zafarme.
Estarei de volta na favela o día 6 pola noite.
A partir de entón tocará sacarlles as arañeiras ás zapatillas, e incluso mercar outras novas.
E cruzar os dedos para que os virus e as lesións me sigan a perdoar como ata agora.
O mesmo desexo para todos vós neste 2024 Sorriso
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Mér, 03 Xan 2024, 17:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pues no te voy a decir que feliz año 2024, que en verdad la pinta la tiene toda de que en tu caso lo va a ser (pura envidia cochina), y de hecho lo está siendo ya con ese paseo triunfal por las tierras del lolailo y el rebujito. Los demás nos contentaremos con seguir conciliando lo irreconciliable.
Espero que a tu regreso coincidamos en alguna de esas pruebas que nos son totémicas.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1880 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Xan 2024, 7:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Feliz Jubilación Alicia!
La Envidia (Siempre Insana) me carcome...
Mi felicitación ( y envidia of course) para tu chico.
Disfrutad Mucho de esta nueva etapa.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4277 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Xan 2024, 10:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Dos puntualizaciones. La primera es que, creo, que pertenezco a esa generación que dices que no va a tener tarjeta dorada, y me da envidia, y también me toca mucho las uñas de los pies. La segunda es que tú y tu utillero ya no vais a tener demasiadas excusas para entrenar a medias. Y la tercera, y redundante, pasa por ordenaros cual coronel al mando que gastéis en un carpediem de los buenos las migajas del estado social, en Imsersos, carreras y disfrutancias. El año que viene vamos a tener que subvencionar un montón de misiles y ya no va a haber pasta, ni para los jubilados, ni para los vagos como un servidor. Ya sabes que celebraré con vosotros en cada entrada que hagas de las Crónicas.

Dale caña a los entrenos, que a partir de ahora podrás darle a los archirrivales pero bien. Además, por correr no hay que pagar impuestos, ni tener tarjetas. Sólo hay que tener dos pencas funcionales, y a ti te funcionan mucho mejor que a mí.

Me alegro mucho Meiga.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos