Xov, 04 Mai 2023, 7:31
Asunto: Maratón galega... onde?
Tras a moi probable cancelación da maratón de Coruña de outubro (confirmado pola alcaldesa nunha entrevista radiofónica), Galicia queda sen ningún tipo de representación da distancia raíña. Non só Galicia, senón todo o noroeste español (que non peninsular: Aveiro, Porto...).
Ainda que a cidade e os cidadáns coruñeses demostraron que son capaces de organizar un evento de tal dimensión con éxito, a desidia, desinterese, pasotismo, e poucas ganas de traballar de parte do concello, fixeron que fora indo cada vez a menos ata desaparecer.
Para seguir tendo unha proba deste calado en Galicia (e campionatos galegos de maratón...), só se me ocorren dúas opcións. Ou "privatizar" a proba coruñesa (non sei se esa é a mellor forma de dicilo), con marcas que funcionan noutros lados, como Zurich ou Edp, ou trocar definitivamente a localización. O problema con esto segundo é a nosa orografía, con poucas cidades, e pouco chás....
Dito esto, das sete cidades, só se me vén un nome á cabeza: Pontevedra. Non sei se vedes posibilidades noutro sitio, ou en Galicia todo se reduce a rezar para haxa uns políticos competentes en Coruña ou a que en Pontevedra den o salto ós 42k...
Aí o deixo