Dom, 26 Mai 2024, 22:31
Asunto: Re: X Maratón Atlántica C42
Para min a sorpresa é que eso sexa "noticia". Ou sexa... suponse que este ano ían a organizar algo? Eso si, para parar a cidade 3 días polo ascenso do dépor a 2ª non hai problema (e o dí un deportivista acérrimo). Mentres que fagan as contas con votos, creo que pensar en que a proba volva algún día é unha quimera. Durante os próximos anos (cando menos ata as próximas eleccións), eu buscaría maratóns fora de Galicia.
En canto á maratón de Oporto, teño bo recordo en canto a organización, percorrido (creo lembrar que case totalmente cha e ó lado do mar/río, pero xa varios anos que fun), e aloxáramonos preto da saída (algo lonxe do centro), co cal saira bastante ben de prezo. De todos xeitos quedara todo bastante desvituado, porque nos tocou un día de cans, e eu por riba tiven que parar a devolver pasada a media maratón, co estómago reventado. Acabei como puiden, converténdose así nunha das probas máis duras da miña vida. De todos xeitos, sei de xente que lle foi ben, e incluso algún con marca persoal. Pese a todo, animaría á xente a probar alí, e a ver se algún día podo volver a intentar correla para quitarme a espiniña desa mala experiencia.