Foros ›
Autor
Mensaxe
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
500 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 15 Xan 2024, 12:33
Asunto: San Xiao 2024

Ferrol, San Xiao 2024

Chegabamos a Ferrol sen moitas ganas de sufrir pero con ganas de facer un bo tempo que, alomenos, nos dira un punto de partida neste 2024.

Un cachorro decidiu toma-lo domingo libre e non correr, o outro, estaba nervioso por cambiar de categoría e ser o máis pequeno dos maiores (nun abano de 09 a 14 anos).
As categorías de nenos comezaban ás 10.00 e xusto ás 09.55, despois de facer una extraña maniobra automovilística (co beneplácito da poli local), chegamos a Esteiro.


Capítulo I
Familia dividida
Con tan pouca marxe tirámonos do coche para ir buscar o dorsal mentres o resto da familia buscaba onde aparcar.
En 5 minutos, dorsal, cambio de roupa e consegue entrar antes de que den a saída (bendito retraso). “tranquilo, corre todo lo que quieras y más pero pásatelo bien).
Ziummmmmmmmmmm, sairon e chegaron.
Dicían que as categorías sub 12 e sub 14 quedaran na metade de inscritos pola ausencias (entendo que o tempo non axudou) pero os que foron debían estar motivados por chegaron todos entre 3.30 e 4.30.
Vacatoliño 1 contento, recolle toda a trapallada (gorroneando dúas barriñas de cereais) e eu comezo a calentar.


Capítulo II
Qué vas facer?
O quencemento clásico: 2 quilómetros a seis e pico, algunha recta e para o pavillón a deixa-lo chandal e poñer mal o dorsal.
Saúdos cos coñecidos, cada vez menos e máis vellos, e sensacións reguleiras pero sobre todo poucas gañas de sufrir. Non son moi fan das carreiras pola mañá, prefiro mil veces correr un sábado pola tarde.

E entón, penso “pois se non tes ganas de sufrir, sufres sen ganas” e teño razón (a min gústacheme moito darme a razón). Aínda me gusta menos madrugar un domingo, levantar a toda a familia, desplazarnos 50 quilómetros para poñerme agora en plan campión.

Ímos para a saída, últimos tocs, atar e reatar as zapatillas e moverme como se tivese unha crise epilétpica.


Capítulo III
A carreira
Saímos, non esvares, colócate por dentro e cando teñas carreiro mira o reloxo a ver se marca ben. Despois esquécete del ata que chegues.
MENTIROSO!!!
Primeiro a 3.49. Hmmmmm, moi rápido para min. Non o creas, non é real e baixamos cara o Arsenal. É a parte doada pica para abaixo e aínda nos estamos recolocando un pouco.
Atletas Acea De Ama, amigos dos Atletas Acea De Ama, colaboradores dos Atletas Acea De Ama, etc…eu non sei se vou, quedo ou sigo, escollo seguir e xa veremos.

A parte por dentro do Arsenal é adoquinada (como medio centro de Ferrol) e ademáis de que “queima” un pouco está moi mollada, hai charcos e cómpre ter coidado. Aproveito para regular un pouco, non arriscar e saír do quilómetro tres con marxe pero claro…todo o que se baixa se sube despois.
Do quilómetro catro ao oito transcorre polo centro de Ferrol, subida vai, baixada ven, loseta esvaradiza permanece. Esta permanencia e persitencia da losada esvaradiza fai un pouco complicada a carreira. Non me quero mancar baixando e subindo teño que correr pisando máis de medio pé. Penso eu, foder mira como lles gusta fomentar a “técnica de carrera”.
Éche o que hai, alomenos non chove durante a carreira, non vai vento e a temperatura é máis que agradable. Todo non pode ser.

Álvaro aparece por banda e nos xuntamos un grupiño de 4 vellos coñecidos na última subida cara á Plaza de España eu sigo mirando ese crono que non ía mirar e vaime encaixando nas baixadas e desquiciándome nas subidas pero tamén é certo que sigo pasando xente.
Non sei que facer, vou cómodo nese grupiño, pero igual non toca ir cómodo senón seguir tirando, xa estamos polo 7. De súpeto, Álvaro se pronuncia “qué va, qué va yo sigo aquí con vosotros” e acto seguido déixanos atrás. Ante tal acto de coherencia eu sigo os seus pasos e aproveitando a baixada tírome a monte (non caias, por dios, non caias) e nestas cuitas andabamos cando dámo-la volta pola praza de España e agora sí, hai que darlle ou me vou arrepentir.
Quedan dous quilómetros, xa pillo asfalto e non teño excusas.
Vou facer os dous quilómetros máis rápidos (exceptuando o primeiro) aínda con perfil desfavorable. Miro para abaixo e intento concentrarme. De vez en cando miradiña o reloxo. As pezas do tetris comezan a encaixar.
Teño diante á cuarta clasificada. A xente coñécea e a anima. Detrás dela dous bigardos moito máis novos ca min (últimamente todo o mundo é moito máis novo ca min ) pero vexo que resoplan na subida como cabalos na rapa das bestas.
Na penúltima súbida pégome como unha lapa da praia das lapas (onde curiosamente non hai lapas) ao primeiro deles e, tirando máis de brazo que de pernas ( que se note esa calistenia que levas 30 anos facendo), paso o primeiro moi fácil e despois o segundo.
Chegamos ao final da costa (nada 150 metros como moito de subida) e agora son eu o que bufa coma un cabalo. Os bufidos son tan evidentes que a cuarta clasificada se abre para esquerda para que poida pasar. Xa vou tan canso que só levanto o pulgar para agradecer e teño que seguir tirando. Eu son un paquetiño e déixame pasar!!! otro motivo máis para seguir dándolle.
Pequena baixada, xiro á dereita, subidiña e última subida despois só vai quedar meta.
Agora sí, veña, paso a paso, cabeza alta, pisa forte e impulsa, bracea, segue, segue, segue (o de atrás non te vai coller, seino polo son cada vez máis lonxe). Non queda nada, seino parece que os folgos non chegan, que o aire non chega, que os pulmóns protestan e a costa vaise alargando.
Da igual, segue, segue, segue non importan tanto o tempo (Qué, vas rascar 5 segundos!!!) pero sí adestrar esas “sensancións agónicas” e último xiro a meta ahí, pois igual despois de pasar por meta paras…e parei.
Apóiome nas vallas e respiro, respiro por “mi y por todos mis compañeros” e miro o crono e desexo a paz mundial, auga quente na ducha e unha cervexa despois…
Saúdos, parabéns, miradas de recoñecemento nos que chegamos xuntos e palmadas, moitas palmadas de satisfacción cos que levas compartindo quilómetros.

Capítulo IV
Despois

Ducha reconfortante, vestiarios limpos, auga quente e moita xente.
Marchamos cara a Narón, paseo por Xuvia. O sol sae para darnos calorciño mentres nos deixamos ir polo paseo marítimo por Pedroso.
Buscamos onde comer, nos 7 Santiños non hai sitio pero tiramos de contactos e nos aconsellan.
Cerveciña, postre e marchamos sobre as 18.00 coa adrenalina aínda subidiña…O Dépor xa se encarga de baixárnola nun par de horas.
Alvaro12

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/12/09
0 Carreiras
512 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Xan 2024, 14:57
Asunto: Re: San Xiao 2024

Ja,ja,ja,ja,ja..no, no fui coherente..al grano,q te aconsejaron??..yo fui a Cedeira a comer
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
481 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Xan 2024, 20:47
Asunto: Re: San Xiao 2024

Tremenda crónica de vacatola!
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
500 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Mar, 16 Xan 2024, 7:37
Asunto: Re: San Xiao 2024

Kalimero escribió:
Tremenda crónica de vacatola!

Bueno Kalimero, ás veces, cómpre escribir un pouco sobre carreiras e non só sobre o "fatalismo existencial das carreiras, falta de carreiras, prezos das carreiras, ausencias de carreiras" e todo ese peñazo que só existe nas redes.

Alvaro12 escribió:
Ja,ja,ja,ja,ja..no, no fui coherente..al grano,q te aconsejaron??..yo fui a Cedeira a comer

Incoherente, nos recomendaron Urimare justo al lado de dónde estábamos.
En la media pasamos por delante de este sitio que se anuncia como "parrilada-pizzería", y efectivamente es así.

Nosotros pedimos pizza y churrasco (junto con una ensalada de ventresca por aquello de que somos pro y nos cuidadmos) y estaba todo muy rico.
Yo no soy muy fan de la pizza pero estaba rica y la carne para mi muy, muy buena.
Calidad / precio razonable.
El servicio se "desborda" un poco con las mesas pero todo muy llevadero.

Aún así, el 7 santiños me convence más (está como a unos 300 metros).

Para el postre lo mejor es una Tahona que está todavía más cerca y que se llama "La casa del sufllé", está camino de Xubia antes del 7 santos. Lo único es que cierra pronto y suele acabar existencias pero muy recomendable Bailar
Alvaro12

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/12/09
0 Carreiras
512 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Xan 2024, 12:19
Asunto: Re: San Xiao 2024

En cuanto a lo primero totalmente de acuerdo..hay gente q sólo sabe quejarse.....con lo q mola hablar de comer o carreras sin más y la suerte q tenemos en Galicia con carreras gratuitas como Xiao,Arteixo y alguna más..o Padrón donde sólo pagas 7€...y si en Valencia se paga de 90 a 180 por 42km será pq los vale(q va ser q sí por mi experiencia)...
En relación a papar..después de hablar contigo me dijo un poli nacional de Ferrol q el urimare últimamente subió muchos los precios y me recomendó el mesón O Pincho en el centro aq estaba lleno e incluso para este sábado también...me hablaste del Santiños y me tiene muy buena pinta y buenas críticas....el emigrante en Cabanas a partir de marzo camino de redes muy bien para mi gusto...
A ver para el 10km de Padrón...comer quizás en A Lombiña en Cabio(A Pobra)...
Para el 21km de Coruña tocará cocido ja ja ja ja ja
.
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
500 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Mar, 16 Xan 2024, 13:07
Asunto: Re: San Xiao 2024

Me voy a quedar con este "el emigrante en Cabanas a partir de marzo camino de redes muy bien para mi gusto..." porque es una zona a la que vamos un montón.

Lo del Urimare no es una barbaridad, pero es cierto que no deja de ser pizza (rica, pero pizza) y el churrasco rico, rico.


Última edición por vacatola o Mar, 16 Xan 2024, 20:50; editado 1 vez
Alvaro12

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/12/09
0 Carreiras
512 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Xan 2024, 20:13
Asunto: Re: San Xiao 2024

Pues si..prueba el emigrante..cerró finales de octubre y abre sobre marzo
...descansa..tratan muy bien...fui antes de la Carrera Xoan Piñeiro y repetí un montón de veces..el dueño se reía de las veces q iba..el churrasco impresionante..te ponen una parte muy grande..el último día nos invitó a una de zamburiñas q es un detallazo....Muy buen trato,buen precio,cantidad y yo creo q calidad,para gustos claro..siempre hay pegas,quizás q la carta es cortita..pescado poco





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos