Foros ›
Autor
Mensaxe
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4731 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Xov, 04 Xan 2024, 15:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Enhorabuena Alicia,ahora a disfrutar de la vida aún más si cabe.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3264 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 20 Xan 2024, 1:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : O medo é libre

Parecía que o ano comezaba ben. Na semana cordobesa cheguei a facer 4 sesións de exercicios de reforzo, e unha saída de sendeirismo das que marcou 25.000 pasos no garmin
Na semana de volta fixen dúas saídas por fín coas zapatillas postas. Sen moito fuelle pois o mes de parón notouse, pero sen sufrir especialmente , e empuxada polo frío, que é o que máis me axuda sempre a ir con comodidade.
Esta semana foise en ir e vir andando moitas veces (seguimos coa folga de Vitrasa), ocupada en asistir a todas as citas médicas que tiña atrasadas de hai meses, incluído paso pola fisio... Segundo ela, todo seguía correctamente no seu sitio e con licencia para correr.
Tiña pensado anotarme á Subida ao Castro, por probar, pero tendo que pasar por unha colonoscopia a semana que ven , xa desistin da idea. O da dieta, estar día e medio a líquidos e posterior remexemento intestinal non son o mellor escenario para entrenar e competir.
Con todo hai que ir retomando o ritmo, e este venres pola tarde por fin saín ... coa camiseta de manga longa e por riba dela un xersei de lá dos de cuello cisne. Lonxe quedan os días en que corría a nocturna de Reis en Lugo en camiseta de asas. Máis importante que iso foi o pinchazo persistente no xeonllo dereito, demasiado parecido ao que me acabou levando á lesión do 2020, a que me tivo parada un ano enteiro.
Optei por ir máis a modiño que o Luis Fonsi , sen máis pretensión que chegar a casa de volta sen maiores danos. Pasado o Km 4 alcancei o punto de quecemento muscular e efecto anestesia que me permitiu seguir con máis normalidade
Xa en casa e despois dunha ducha reparadora fixen as comprobacións pertinentes: presionar na zona, ver se había inflamación, amago de bolsa de líquido ou similar, e parecia que non. Da dor nin rastro.
Pero o medo é libre.
E non é que queira renegar a estas alturas da filosofía da señora Minducha , pero antes que verme un ano parada prefiro facer un cambio de plans, e xa que non vou ao Castro, dedicar os vindeiros sete días á bici estática e exercicios de cuádriceps , abdominais, pesas.
Mentras, as compañeiras do club andan xa a mandar mensaxes de que xa vai subir o prezo da Vig Bay e hai que anotarse, que se facemos equipo para a contrarreloxo de marzo, que se a Mediolanum de Ourense...
"Ante todo mucha calma", xa o dicía Siniestro. E xa iremos vendo par a semana
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4275 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 20 Xan 2024, 17:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Sí. Esto de las redes sociales para lo único que sirve es para tener sensación de que no estás en el grupo. Ni caso a las del club y buen caso a Siniestro. Si me recoges un consejo.

Aunque también está bien un carpediem y apuntarse a la media. Todos lo hemos probado con distintos resultados.

En todo caso la decisión es tuya. Ya lo decía ese perro inglés: "To be or not to be".
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3264 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Feb 2024, 23:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : " Operación F4, punto e final... e retorno a Punxsutawney"

Nestas últimas tres semanas houbo tempo de abondo para pensar que a perna estaba recuperada e meter varios entrenos curtos de 3 a 4 km por tanda.
Houbo tempo tamén para ir ata o Concello de Vigo, cobrar uns cartos, recoller un trofeo, unha sudadeira e deixar que Don Abel me dese un par de bicos diante das cámaras, por quedar de medalla de prata nas velloucas de 55 a 60. Hai probas gráficas, pero xa non sei compartilas aquí. Son unha nulidade poñendo enlaces.
static.wixstatic.com/m...cb~mv2.jpg
Operación F4 rematada con éxito .
Todo seguíu o seu curso normal ata este venres: Por querer ser boa e non deixar plantado a un amigo que quería ir a un curso de un par de horas de iniciación ao swing.
Foi moi divertido facer o parvo todos xuntos, pero tanto brincar, xirar, unha, dúas tres, lento, lento, rápido lento pasou unha factura cara ao día seguinte: inflamación de xeonllo dereito , coa súa correspondente bolsiña de líquido sobresaíndo da articulación...
Os vellos no serven pra certos traballos, xa dicía a copla.
Levo xa dúas doses de celecoxib, e hoxe en vez de trotar pola vía verde, andiven exercendo de auténtica xubilada dándolle uso as trebellos da zona biosaudable ( elíptica, remo e abdominais).
Espero que a miña estadía en Punxsutawney sexa só de un mes esta vez, e non de 1 ano, como na última, e que a bolsa de líquido remita pronto e me deixe de contado volver ao asfalto
Parece que non aprendo nunca Chorando
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4275 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 06 Feb 2024, 15:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Ya le gustaría a Don Abel hacer lo que hacen las velloucas.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3264 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 28 Feb 2024, 18:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: "Inicio da temporada 2024"

Calquera outro ano unha entrada como ésta tería a listaxe de carreiras á vista e os plans de entreno.
Despois de ver como evolucionou o xeonllo neste mes teño claro que non hai calendario posible, que hai lesión para meses como da outra vez. Pero non por iso vai a haber cese de actividade nin peche do local... Por máis que CeG esté como está, e nesta sección de diarios queden só cinco en activo... Pois precisamente por iso. Hai que seguir.
Xa estou a piques de rematar o tratamento con celecoxib. Onte fun pola fisio e xa estivo a distender a zona e marcar plan de exercicios de reforzo de cuádriceps de momento de facer sobre esterilla e non de pé. Alternar con parches de xeo, e non deixar as andainas. Así que agora os rexistros do Garmin cambian de caixón. O caso é reforzar e non subir de peso.
O que si teño claro é que paso de ir ao traumatólogo para que me diga o desgastado que teño o cartílago e que cambie de casa porque non podo subir e baixar escaleiras.
Así que, deberes para esta semana:
- xoves, venres e sábado : exercicios de reforzo en esterilla e sesións de cinco minutos de parche de xeo
- domingo : andaina Balbarda - Arnela-Igrexa- Ríos-A Punta- Doutor Corbal- Balbarda. En sen plans de cruzarme con ningún camión dos que di Freaky...
Facéndolle a competencia a Gayoso ea Jordi Hurtado ,faltaría máis Moi feliz
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3264 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 07 Mai 2024, 20:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Demasiadas arañeiras acumuladas neste lugar despois de dous meses e medio.

E non é que non houbese actividade . Mais ben todo o contrario. Moita vida social, moita vida doméstica e moita vida agrícola e horticultora. De feito nas sesión de fisio recibe máis atención a tendinite no cóbado dereito por exceso de uso do fouciño que a propia perna lesionada.

O caso é que o máis ao que chego é a dúas sesión semanais de elíptica de parque ou de bici estática en casa , acompañada de algo de trote á ida ou á volta.

Definitivamente son incapaz de poñer un ritmo estable de táboas de reforzo en esterilla. O corpo ten saudade de facer os tres saídas semanais de 50 minutos, pero non sei eu se está o xeonllo ben recuperado. De cando en vez teño que ir e vir da sesión de elíptica sen trotar polos pinchazos sospeitosos en certas zonas da articulación, e tomar celecoxib dous ou tres días.

Non perdo a esperanza de poder volver á normalidade no verán e poder anotarme a algunha carreira en setembro, pero isto vai lento. O caso é que no se pare
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3264 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 17 Xul 2024, 14:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : "Pode ser cousa das gafas que non oia ben"

Estamos no XXX aniversario do Xabarín Club . Ese espazo alternativo onde Victor Coyote cantaba aquelo de "pode ser que si, pode ser que non , pode ser da Nasa ou doutra Galaxia, pode ser cousa das gafas que non oia ben".

Tamén había algún grupo que cantaba o de "haiche moito tolo no teu videoxogo"

Pois algo así me sinto eu agora, como que haiche moito tolo neste videoxogo dos ximnasios de rehabilitación disposto a dicir que vai ser cousa das gafas que me lesione ben... E como cheguei a recibir a bendición desta revelación divina???

Digamos que todo se enguedellou a finais de maio. Daquela tivemos unha xornada xenial de quedada deportiva unha manchea de nécoras do Carma. Unha moza experta en técnica de carreira dounos unha sesion de moito proveito na que me sentín tan ben , e me vin tan para arriba que non me cortei de facer todos o exercicios de salto e pancada. E claro, o corpo as fai e o corpo as paga, ao día seguite tocou ir á consulta médica a por mais receitas de Celecoxib.

Por se non fose abonda a advertencia da dor da perna, xusto á saida da consulta acabou nas miñas mans unha tarxeta do maestro Camara prometendo adiviñación completa e clara para solucionar problemas de calquera tipo, de saúde por descontado ( o que non me quedou claro foi iso dos problemas de "endulzamiento", pero como de momento no teño necesidade de inxeccións de insulina non lle fixen moito caso).

Resumindo. Nese día tomei conciencia de que isto que levo arrastrando desde febreiro non se amaña con repouso e elíptica. Triste

Preguntando e falando fun dar cun ximnasio no que ofertan actividade de rehabilitación. Fun en xuño a facer a primeira visita . Todo moi happy e moi friendly, e moi hipster. Non lle nego a profesionalidade á persoa que me atendeu. Se cadra son tamén prexuizos meus, propios dunha vella de sesenta anos tratando cun cuasi-milenial , maduriño pero con idade para ser meu fillo. Tampouco lle discuto a clara influencia neurolóxica na actividade deportiva, cómo non vai a afectar a vista, o oído e equilibrio no xeito de correr!! ... Certo que non reparou en tempo e recursos, estivo conmigo desde as 12 :30 ata case as 3 da tarde . Pero tamén me quedaron sobrados motivos para o excepticismo: Realmente é o mais axeitado estar facendo durante dúas horas seguidas exercicios de equilibrio nunha perna sola cando a persoa que os fai acaba de dicirte que ten unha lesión inflamatoria no xeonllo dereito? (de feito ao día seguinte noteino ben)
Máis razóns para o excepticismo: De verdade son fiables os razonamentos de causa-efecto baseados nunha soa variable ? Manter o equilibrio nunha perna soa non depende só da vista e o oído, depende do cansa que estea ou non a musculatura , da propia lesión que traes, e tamén de que chega un momento en que estás ata o cu de facer o mesmo .
Pero como aínda me queda algo de prudencia no corpo, non expresei nada destas reflexións en voz alta. Suponse que hai que respectar o criterio profesional.
Cando si que non puiden disimular a miña cara de quedarme a cadros foi cando me dixo que fose a unha óptica onde me revisarasen non so a graduación senón tamén a postura corporal , e que no momento en que tivese as gafas axeitadas xa podería poñerme de novo cos entrenos e se me amañaba a lesión. Abraiado Abraiado Abraiado
Contesteille algo amolada que si, que me tocaba cambiar de gafas pero que primeiro habería que ver que facer coa lesión antes de botar a correr .
Menos mal que o podólogo que me está a facer as plantillas novas tivo algo máis de sentidiño : "Mira, a lesión deste xeonllo dereito pode parecerse á que tiveches hai tres anos no esquerdo, pero mellor que fagas unha resonancia, non vaia ser que teñas algo no menisco "
Fixenlle caso. Fixen a resonancia, e para a miña desgraza si que hai rotura radial de menisco interno no xeonllo dereito... As vellas non serven pra certos traballos, xa o di a copla. Quen me mandaría a min ir a bailar lindy hop con calzado de calle no mes de febreiro?!!
Segundo a miña fisio non é unha lesión das máis graves, pode que saia adiante sen operar, pero teño dique seco para moooito tempo. O 20 de agosto teño cita no traumatólogo, e co "empático" que é igual xa me asina o certificado de defunción deportiva no mesmo momento... Non me chega a hora de contarlle todo isto ao do ximnasio especializado , a ver que pensa do seu plan inicial que tiña de poñerme a facer exercicios correndo na cinta
De momento o que vou facer é volver a recurrir a consultar telefónicamente a Jota , o meu ex-entrenador persoal a quen tanto boto de menos. Seguro que me manda a golpe de whatsap unha táboa xeitosa de exercicios para facer mentras se cura ( ou non) o menisco.

Boto de menos correr, certo. Non sei se será posible que volver a correr ata dentro dun ano. Ou nunca. Pero estando como está o mundo, e o estado de "non saúde" de persoas ao meu carón, xa nin me sae anoxarme nin poñerme triste.
Aínda bo é se podo facer algo na horta, ou facer recados andando.

Aínda non é a hora de que se cruce por diante o camión Guiño
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4275 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 20 Xul 2024, 9:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Está bien Meiga. Yo hace tiempo que no me fío de los especialistas, sobre todo de los que cobran. Puede ser que tengas una lesión grave o puede que no. Puede ser que vuelvas a correr o no. Pero todo eso da igual. No te obceques con la carrera a toda costa. Mantente en funcionamiento. Si tiras un año sin correr, la vuelta al ruedo te va a resultar muy difícil, pero mientras mantengas el enfoque en la actividad diaria (aunque sólo sea la gimnasia y el rollo de ir a la compra andando) será suficiente, seguro. El caso es que en esas vidas que llevamos, de andar cuidando del resto, andar trabajando y además, viendo lo bien que va el mundo, nunca debemos dejar de lado, aunque sea un cachito de tiempo para mantener el maltrecho cuerpo.

Tu escúchalos a todos. Después escucha a tu cuerpo. Calcula opciones, y luego actúa en consecuencia. Y en algún momento pasarás de la gimnasia a otras actividades, que seguro que incluyen la carrera.

Yo si te sirve de consuelo estas últimas semanas he estado con dos sesiones de carrera lenta, pero relativamente segura en lo lesionable. Cosa que hace seis meses no me veía. Así que nada de camiones de momento.

Sigamos …





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos