Foros ›
XX MEDIA MARATON LA RODA (ALBACETE) 06/04/24 (CRÓNICA)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
494 Carreiras
3782 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 31 Mar 2024, 15:17
Asunto: XX MEDIA MARATON LA RODA (ALBACETE) 06/04/24 (CRÓNICA)

Pois doume unha ventolera e organicei este viaxe e tachar a provincia de Albacete do meu reto. Tiña este ano reservado para facer a media de Albacete que sempre é o 1º finde de Xuño, pero este ano como é Campeonato de España de Media Maratón pasana para o 6 de Outubro, pero o día 5 vai ser o campeonato de 5 K. e de milla, polo que para evitar masificacións en Albacete ese finde, descarto ir.
Así que ainda que hai unha media na provincia de Albacete no mes de Maio (coincide con finde das letras galegas) que é impresionante, a de Almansa con tope de 2000 inscritos que sempre se cubren e que lle tiña moitas gañas.
Pero ese finde longo, imos visitar a filla que temos en Melilla, así que atopei esta media.
Carreira máis normalita, pero moi ben organizada, 447 chegados a meta o ano pasado. Por agora poucos inscritos uns 220, (eu ainda non o fixen), hai de prazo ata o día 2 as 14 h. Cuota de 12 € para os inscritos no circuito da diputación de se non 15€, dan unha gran bolsa de corredor con productos da provincia e camiseta de manga longa.
O percorrido consta dunha volta de 2'1 Km. polo pobo e despois 2 voltas de 9'5 Kms. aproximadamente. Creo que está homologada.
Hoxe tiña pensado facer un adestramento de 16 Kms. pero colleume a choiva varias veces e xusto cando levaba 12 caeume unha tromba impresionante e xa tirei para casa atallando para facer pouco máis de 14.

deportes.dipualba.es/d...Prueba/651


Última edición por Kurty o Dom, 07 Abr 2024, 19:17; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
494 Carreiras
3782 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Abr 2024, 19:28
Asunto: Re: XX MEDIA MARATON LA RODA (ALBACETE) 06/04/24

Preparada a maleta, mañán vuelo a Madrid e chegarei a Albacete sobre as 13 h.
Rematada a inscripción un total de 530 na media maratón. Un número máis que xeitoso. O peor o calor que dan, a hora da carreira 25º e baixando algo nas horas seguintes. Os días máis calurosos da semana son mañán e o Sábado. Sendo así haberá que facela en modo supervivencia. Rematala e reservarse para a Vig Bay.
Saudos.
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
483 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Abr 2024, 16:10
Asunto: Re: XX MEDIA MARATON LA RODA (ALBACETE) 06/04/24

O tema de correr a MM de La Roda hai que recoñecer que ten o seu punto! Xa nos contarás que tal foi esa experiencia.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4788 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Ven, 05 Abr 2024, 16:37
Asunto: Re: XX MEDIA MARATON LA RODA (ALBACETE) 06/04/24

Estaremos atentos a la crónica.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
494 Carreiras
3782 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2024, 19:17
Asunto: Re: XX MEDIA MARATON LA RODA (ALBACETE) 06/04/24

Imos ca crónica desta peculiar media maratón. O Sábado pola tarde quedara través de facebook cuns menbros do club Kronos de Albacete para que me acercaran a La Roda, xa que as combinacións para a ida eran moi malas, tería que estar alí as 12 h, e a carreira era as 17:30.
Acolleronme coma un máis do grupo, estiven moi cómodo antes, durante e despois con eles. Presentaronme a varios menbros da organización C.A. Calcañada da Roda, os cales quedaron gratamente sorprendidos de que fora dende Galica para facer a sua media. Volvendo a interesarse ao remate que me parecera a sua proba.
Eu que lle temía a climatoloxía, pero o sábado non foi tan caluroso como daban, ainda que as 16 h. marcaba 24º, pero sen sol a vista, xa que había Calima e a sensación era de bochorno e daba gusto cando sopraban unhas rachas de vento.
Tras quentar uns 5 minutos, situeime da metade cara atrás para ir collendo ritmo, xa que saimos en baixada.
A idea era facela en modo conservador, xa que para a semana toca a Vig Bay. 1º km en 4'50 o máis lento da media, despois xa podemos correr comodamente e xa marco 4'41 o seguinte, no km 2 e pico pasamos pola saida e imos escomenzar as 2 voltas das que consta o percorrido, o cal é todo pola localidade, sen nada reseñable, moitas idas e venidas por distintas ruas e varios cambios de sentido.
A partir do km6 o bochorno vai en aumento eu marcando os km entre 4'40" e 4'47", ainda que non é un circuito duro ten varias subidiñas.
Nos avituallamentos a parte de beber, botome parte do botellín por riba, por sorte sobre o km 16/17 levantouse un aire fresquiño aumentando o ritmo nos derradeiros km. facendoos entre 4'35" e 4'39". para un crono oficial de 1h41'37" e posto 160 de 461 que rematamos.
O destacable desta carreira é que ese día é unha festa no pobo, había cantidade de xente animando, familias enteiras, e grupos de amigos nas portas das casas con música e mesas con comida e bebida, e os nenos cas mans para que llas chocaramos o pasar, ademáis de varios grupos de animación contratados pola organización. Pasoume moi raṕida a carreira, creo que tamén foi porque non me exigín en demasía
E de remate pincheo(xa fun medio cenado) no pabillón onde se recollían os dorsais, sistema curioso e moi eficiente o de recollida, mandaronme un correo electrónico cun código QR e tiña que pasalo, asignandome nese momento o nº de dorsal o cal imprimían no momento, aforro no caso dos ausentes).
Cantidade de regalos para os corredores por posto de chegada, que sacaron nun sorteo, o 158 levou regalo. E 3 xamóns para os clubs máis numerosos, os do Kronos levaron un.
As 10 da noite deixaronme no aloxamento, ainda que antes de irnos collemos nunha confitería os famosos Miguelitos da Roda e dicianme de quedar para tapear algo con eles hoxe o mediodía, pero eu xa marchei de Albacete as 9:30 da mañán.
Fin de semana moi bo o que pasei na Mancha, ainda que a cidade de Albacete historicamente non ten nada que aportar. Pero sorprendeume a cantidade de puntos verdes que atopamos o longo da visita turística.
Vaia enciclopedia que escribín Silbar Silbar
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
483 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 09 Abr 2024, 17:44
Asunto: Re: XX MEDIA MARATON LA RODA (ALBACETE) 06/04/24 (CRÓNICA)

Moitas grazas por compartir a crónica. Normal que lles sorprendera a túa visita!
OrEK

Maratoniano
Maratoniano
7/01/18
99 Carreiras
499 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2024, 13:54
Asunto: Re: XX MEDIA MARATON LA RODA (ALBACETE) 06/04/24 (CRÓNICA)

Noraboa pola carreira e grazas pola crónica!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos