Foros ›
Autor
Mensaxe
PATATA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
24/11/06
0 Carreiras
186 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Abr 2024, 15:58
Asunto: Re: XXIII VigBay 2024

Ciudades como A Coruña deberían aprender de una carrera como esta. La implicación de todos da resultados.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
495 Carreiras
3784 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Abr 2024, 19:26
Asunto: Re: XXIII VigBay 2024

Unha nova Vig Bay e xa van 13 edicións feitas, unha das mellores medias maratóns que se poden correr na actualidade.
Impresionante Samil na previa co despliegue da organización e corredores, pero xa facía moita calor antes de escomenzar.
Situome no meu caixón despois de quentar un pouquiño, dan a saida e toca ir collendo ritmo, 1º Km. case en 5', non importa hai moita carreira e hoxe non debera ser un día para esforzarse de máis.
Vou adiantando xente todo o tempo, cando estou no km. 4 teño moi cerquiña a liebre de 1h40' e non me acerquei de todo, xa que levaba detrás un numeroso grupo de corredores.
Estou sudando moito e a calor vai aumentando, polo que decido acertadamente baixar o ritmo e correr sen sufrir moito, xa que o sol e o maior enemigo que teño nas carreiras.
Corrín cantidade de veces polo lado esquerdo da estrada que era onde daba a sombra e ben que o notaba no físico.
Pouco a pouco van pasando os Kms. nos avituallamentos bebo bastante e o resto da botella botoma pola cabeza.
Xa estamos en monte Lourido, ahí marco o pior Km a 5'02, pero xa case está rematado o máis duro, só queda a subida para enlazar novamente ca estrada principal.
Gratificante o paso pola Ramallosa e neses Kms. aumento algo o rtimo, para facer o derradeiro km. o máis rápido da carreira en 4'35" polo que definitivamente regulei ben; para 1h41'57" e posto 887 dos 3532 chegados.
Eu teño 2 críticas hacia a organización, unha o do acceso os caixóns, ca de voluntarios que hai, podían poñer alguén a controlar os accesos, xa que no meu, o vermello, había cantidade de xente de caixóns posteriores, que moita xente o fai porque o descoñece, xa que indicacións ningunha e nos primeiros Kms. adiantas a moitísima xente que polos ritmos que levan xa o inicio sabes que sairon nun caixón erroneo.
E despois o dos buses de regreso a Samil despois de ducharnos, o noso bus, tivo que ir a Nigrán para deixar a só 2 persoas que correran a Mini Bay (debería haber buses específicos para eles), polo que a viaxe de volta, pasou dos 45 minutos.
Así remata a XXIII edición desta Media Maratón que en nada chega as bodas de plata.
avezado_bello

Novo foreiro
Novo foreiro
7/03/11
28 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Abr 2024, 22:12
Asunto: Re: XXIII VigBay 2024

(Borrado)
avezado_bello

Novo foreiro
Novo foreiro
7/03/11
28 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Abr 2024, 22:16
Asunto: Re: XXIII VigBay 2024

Xertiz escribió:
Como che foi Avezado_bello na túa primeira Vig?

Creo que o día foi excepcional aínda que ao final cunha temperatura algo superior a desexada. Polo resto e coma sempre encantoume a Vig-Bay !!! (Mola correr na casa!!)

Moitas grazas Xertiz pola túa mensaxe!
Unha experiencia estupenda! Dende o primeiro ao derradeiro metro é posible percibir unha carreira moi integrada no lugar e na xente. O percorrido é fabuloso, que dicir do panorama do que é posible gozar! E obsérvase que a xente do lugar percibe a carreira como súa logo de tantos anos, supoño, de vela pasar por diante da súa casa.
A calor foi xenerosa, en particular nos quilómetros iniciais, pero moderouse cara a segunda metade da carreira.
A organización moi coidada cunha morea de pequenos detalles que expresan unha notable querenza pola carreira.
Dende logo, unha vivencia fantástica!
secundino1962

Novo foreiro
Novo foreiro
16/11/14
2 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Abr 2024, 7:15
Asunto: Re: XXIII VigBay 2024

Moi dura a carreria iste ano polo calor, foi un disfrute enorme poder completala.
Para cuando algunhas fotos.
Un saúdo.
nosoru

Novo foreiro
Novo foreiro
9/12/13
2 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Abr 2024, 8:18
Asunto: Re: XXIII VigBay 2024

A miña primeira Vig Bay, sufrindoa moito e disfrutando por partes iguais.
Imos primero co positivo: -Moi boa organización, boa bolsa do corredor, autobuses dabondo.... Pouco que mellorar neste aspecto.
O público xenial, animando todo o percorrido, alguna mangueira que daba a vida e moito humor.
Pero non todo é maravilloso. Creo que o maior erro desta media é a hora de salida, as 10.30h é moi tarde, se ven un día de humidade e calor como nesta edición as 12h aínda moitos estamos corriendo e a esas horas o sol xa queima moito. A min a calor vaime fatal, e sobre todo a incidencia directa do sol, dando no corpo 2h, e non debo ser o único pois vin moitos retirándose, andando, e o peor con lipotimias atendidos.
Creo que adiantar 30-60 minutos a saida sería xenial, sobre todo se a carreira xa é en Abril e poden vir días así.
Espero poder voltar no 2025 e vingarme do mal tempo final desde ano. Polo demais a mellor ou das mellores carreras e medias de Galicia con diferencia, canto deberían aprender outras.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos