Mar, 21 Mai 2024, 8:29
Asunto: Re: Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)
Primeiro de todo, parabéns á organización, pola miña parte todos os servizos utilizados (autobús, entrega de dorsais, gardarroupa, avituallamento en carreira e na meta) funcionaron perfectamente. Como comentan os compañeiros por aí arriba, o único "pero" é que a distancia queda en 20.8 km , que aínda que non sexa homologada, sempre che gusta que se achegue o máis posible. Non creo que sexa dificil para vindeiras edicións conseguir eses 300 metros extra, na propia volta á illa da Toxa xa hai a posibilidade de facelo sen comprometer o resto do percorrido, ó rematar a rua D.Pedro, en lugar de coller xa para o Paseo do Mar, facer unha pequena volta, pasando diante da Ermida, rodear o primeiro edificio e logo collendo a rúa Cortegada ata enlazar co Paseo do Mar.
Boa participación, que espero que se incremente en vindeiras edicións, xa que supoño que este ano, por exemplo, xente da zona de Vigo quedou na carreira de Samil, por estar máis perto da casa. Ós da zona de Vigo, recoméndovos que probedes esta proba en vindeiras edicicións, aparte da boa organización, atoparedes un percorrido fermoso, non apto para marca como xa comentaron os compañeiros, pero con certas similitudes coa "nosa" Vig-Bay. Eu non coñecía o traxecto e a verdade é que a segunda metade é dura, nada máis pasar a ermida da Lanzada xa se complica moito a cousa con respecto á primeira metade. Varias subidas de certa esixencia nesta segunda parte do percorrido coas suas correspondentes baixadas. Afortunadamente libramos do vento e a climatoloxía, para o que podería ter sido, foi bastante benigna..... Eu conseguín o obxectivo de rematala, xa que non a preparara especificamente e tampouco contaba coa dureza da segunda metade, e conseguín facelo amplamente por baixo das 2h 30' que me marcara coma límite, así que relativamente satisfeito, supoño que con mellor preparación e sabendo o que me agardaba na segunda metade podería ter recortado algúns minutos do tempo, xa que sofrín moito coas subidas inesperadas e ata tiven amago de "páxara" sobre o km 18. Tendo en conta que a maior parte do percorrido fíxeno en solitario, agás os 5 primeiros kms, pois o esforzo mental sumouse ó esforzo físico, así que imos dar todo por bo.
Moi contento de ter participado, e, como digo, recoméndoa para vindeiras edicións, ogallá se consolide...
Se eu puiden, ti tamén...