Dom, 02 Xuñ 2024, 10:36
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.
Unha nova carreira do circuito rematada. Tarde bastante calurosa e tamén ventosa. Menos corredores que noutras edicións no 10K so rematamos 161, imaxino que influeu as carreiras que houbo este finde relativamente cerca, onte CorreSan no barrio de Conxo e hoxe Carballo que ademáis era Campionato galego de 5 K e Na Coruña a carreira do barrio dos Rosales.
Breve quecemento e para a saida, alí falo un momento con Litho e xa dan a partida, os 2 primeiros Kms rapidisimos en baixada e llanear, pero despois xa ven unha subida longa pero corrible, sendo despois bastante rápida o que queda ata o Km 9. con algúns tramos por pistas e con sombra, que ben se agradecen.
Rematando a carreira nun tramo longo de subida o que fai duro o final. Satisfeito co 45'15" oficial, xusto 90 segundos máis co ano pasado.
Seguinte carreira do circuito, a magnífica carreira das Areas pola praia de Carnota, o domingo 23.