Foros ›
IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
479 Carreiras
3710 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 25 Mai 2024, 22:21
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

4ª carreira do circuito celebrada e 4ª participación. Carreira feita con moita precaución, pero moi contento cas sensación, sain de atrás de todo sen quentar nada, 1º km. o máis lento da carreira en 5'17" e collendo ritmo pouco a pouco, facendo a 2ª volta 50 segundos máis rápida e sen molestias. Para un neto de 45'10" para os 9700 mts. que debía ter a carreira, que está moi ben, xa que é durecha e ademáis ten 2 tramos de pista sen asfaltar e nunha delas sobre todo había que ter precaución en varios puntos para non esvarar.
En 7 días toca a seguinte carreira, a de Zas.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4730 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 28 Mai 2024, 12:19
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Pues estaré por Zas este sábado,a ver sino nos hace mucha calor.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
479 Carreiras
3710 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 31 Mai 2024, 15:38
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

A pouco máis de 24 h. da celebración da 5ª carreira do circuito, parece que contrariamente a outros anos nos que fixo moitísimo calor (un ano polo menos tamén nos choveu), mañán parece que non imos ter moita calor, pero si algo de aire.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
479 Carreiras
3710 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Xuñ 2024, 10:36
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Unha nova carreira do circuito rematada. Tarde bastante calurosa e tamén ventosa. Menos corredores que noutras edicións no 10K so rematamos 161, imaxino que influeu as carreiras que houbo este finde relativamente cerca, onte CorreSan no barrio de Conxo e hoxe Carballo que ademáis era Campionato galego de 5 K e Na Coruña a carreira do barrio dos Rosales.
Breve quecemento e para a saida, alí falo un momento con Litho e xa dan a partida, os 2 primeiros Kms rapidisimos en baixada e llanear, pero despois xa ven unha subida longa pero corrible, sendo despois bastante rápida o que queda ata o Km 9. con algúns tramos por pistas e con sombra, que ben se agradecen.
Rematando a carreira nun tramo longo de subida o que fai duro o final. Satisfeito co 45'15" oficial, xusto 90 segundos máis co ano pasado.

Seguinte carreira do circuito, a magnífica carreira das Areas pola praia de Carnota, o domingo 23.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4730 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 04 Xuñ 2024, 9:11
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Pues calor como normalmente en esta carrera y este año también viento,carrera con un perfil que me gusta,aunque esta vez me la tomé con calma que el finde tenía doblete y no estoy para hazañas.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
479 Carreiras
3710 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 16 Xuñ 2024, 7:54
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Confirmada a asistencia para a carreira das areas do vindeiro Domingo, a carreira que máis me gusta do circuito e eso que como veña un día ventoso faixe moito máis dura do que xa é.
Habendo xa 48 inscritos a parte dos que xa estamos no circuito o que fala ben do tirón desta carreira.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
479 Carreiras
3710 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 25 Xuñ 2024, 19:32
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Celebrada o Domingo a bonita carreira das Areas, tivemos un día caluroso, o que fixo que a dureza da mesma se incrementase, xa que tamén soplaba o aire na praia, polo que o tivemos a favor e en contra, dependendo para que lado corresemos.
Moita animación lo lugar de saida/meta e moita participación na mesma con 235 chegados a meta no 10 k.
Eu bastante contento sain reservón como é en min habitualmente e rematei con algo de forza o 1'5 Km final xa por asfalto.
A seguinte carreira a nocturna de Cee o 6 de Xulio.
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
88 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 25 Xuñ 2024, 20:30
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Eu se non hai novidade tamén estarei en Cee e probablemente en Muxía (aínda que supoño neste caso na 3k co meu fillo, a 10k paréceme demasiado dura e se vai calor un sufrimento excesivo) Son as dúas que nas que adoito participar xa que estamos pola zona de vacacións nesas datas tódolos anos. Cee ao ser nocturna lembro que ten bastante animación e aínda que son 2 ou 3 voltas é divertida
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
479 Carreiras
3710 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Xul 2024, 20:24
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Primeira ausencia esta edición a unha carreira do circuito. Non estou nada motivado para correr ultimamente e en vez de ir a Cee fumos ata a feira mariñeira de Muros e quedamos a noite a ver o concerto de Guadi Galego.
Poucos asistentes no 10 K. só 167 chegados a meta, imaxino que coincidir ca nocturna do CorreSan (374 chegados a meta) tivo bastante que ver.

Este domingo toca Muxía, unha das duras, pero duras do circuito, hora de partida tardía as 11:30, como climatoloxicamente vai a estar malo, teño pensado ir, xa confirmei a asistencia. Tocará facela moi tranquilo.
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
88 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 09 Xul 2024, 18:21
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Eu si que estiven en Cee. Houbo unha pequena modificación do circuíto con respecto ao pasado ano, creo que polas obras. A min este cambio gustoume xa que a pesar de facer o circuíto un chisco mais duro tamén faino máis entretido. Coma sempre tres voltas a un circuíto como dixen, para min, divertido e cunha temperatura agradable aínda que con algo de vento.
A outra do circuíto a que adoito ir é Muxía pero este ano ao fin non irei. Demasiado dura para este momento da tempada e neste ano non teño gañas. Unha volta a este circuíto creo que estaría ben.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
479 Carreiras
3710 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Xul 2024, 17:09
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Miña nai querida, que mal o pasei esta mañán, o circuito do máis duro que se pode atopar un e ademáis nos primeiros Kms. sufrimos un auténtico vendabal, nin avanzar se podía.
Leveino "bastante ben" ata un pouco máis da metade da carreira, pero a partir de ahi, escomencei a atoparme sen forzas e fatigado, tanto é que me puxen a andar uns mts. (a 3ª vez que o fago en carreira e as outras veces era a parte da dureza pola calor infernal que fixera).
E dende esa ata o remate fun en modo automata e eso cos 3 derradeiros kms, eran en xeral moi favorables, baixar e llanear.
Analizando as circunstancias, nos Kms. finais, dinme conta que pudo influirme, co venres a tarde fun doar sangue e onte a tarde botei 4 horas ca desbrozadora ao lombo nun monte bastante empinado e 54 anos xa son moitos para cometer excesos. Muro Muro

PD.: Se para o ano me inscribo no circuito, recordádeme que non vaia a Muxía. Moi feliz Moi feliz
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
88 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Xul 2024, 21:34
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Para min na carreira de Muxía se suma que é excesivamente dura e moi insulso o percorrido por terra de ninguén.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos