Xov, 18 Abr 2024, 6:37
Asunto: 9ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO (9 de Xuño)
San Sadurniño volverá correr polo medio ambiente o domingo 9 de xuño, dentro da 9ª dunha das carreiras populares con máis aceptación de todas cantas se celebran na nosa zona.
A proba abre o prazo de inscricións o martes 23 de abril a través da plataforma emesports.es, ofrecendo circuítos gratuítos de entre 60 e 900 metros nas categorías inferiores e un trazado de 4,9 quilómetros na absoluta (5€),
Por razóns loxísticas, o límite de deportistas volve estar limitado a un máximo de 500. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA e as saídas e chegadas concentraranse de novo no arboreto galego da Cortiña -ao pé do paseo fluvial do Xubia-, lugar de referencia para todos os eventos multitudinarios que organiza o Concello de San Sadurniño.
A popular de San Sadurniño convida a correr “polo medio ambiente” na que é xa unha das citas clásicas para o deporte afeccionado da comarca. O Concello contará coa asistencia técnica da Federación Galega de Atletismo. Ademais tamén colabora a clínica local Fisio-Che-Ben cun servizo de fisioterapia.
- - - - - - - - -
Información da proba no
Calendario:
IX Carreira Popular Concello de San Sadurniño