Foros ›
9ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO (9 de Xuño)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Abr 2024, 6:37
Asunto: 9ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO (9 de Xuño)

San Sadurniño volverá correr polo medio ambiente o domingo 9 de xuño, dentro da 9ª dunha das carreiras populares con máis aceptación de todas cantas se celebran na nosa zona.
A proba abre o prazo de inscricións o martes 23 de abril a través da plataforma emesports.es, ofrecendo circuítos gratuítos de entre 60 e 900 metros nas categorías inferiores e un trazado de 4,9 quilómetros na absoluta (5€),
Por razóns loxísticas, o límite de deportistas volve estar limitado a un máximo de 500. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA e as saídas e chegadas concentraranse de novo no arboreto galego da Cortiña -ao pé do paseo fluvial do Xubia-, lugar de referencia para todos os eventos multitudinarios que organiza o Concello de San Sadurniño.

A popular de San Sadurniño convida a correr “polo medio ambiente” na que é xa unha das citas clásicas para o deporte afeccionado da comarca. O Concello contará coa asistencia técnica da Federación Galega de Atletismo. Ademais tamén colabora a clínica local Fisio-Che-Ben cun servizo de fisioterapia.

- - - - - - - - -
Información da proba no Calendario: IX Carreira Popular Concello de San Sadurniño
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Abr 2024, 6:47
Asunto: Re: 9ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO (9 de Xu

A carreira popular de San Sadurniño prescinde, por primeira vez, dos plásticos, o avituallamiento das carreiras non utilizarán plásticos dun só uso. De feito, as botellas substituiranse por bebidas isotónicas embotellada en briks de 5 litros (aptas para veganos, dieta keto e gluten free), sen azucre nin aditivos artificiais e, ademais, proporcionaranse vasos biodegradables.
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Mai 2024, 9:24
Asunto: Re: 9ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO (9 de Xuño)

Recordar que para inscribirse na carreira hai que entrar na paxina de emesports
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 31 Mai 2024, 9:01
Asunto: Re: 9ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO (9 de Xuño)

Últimos días para poder inscribirse na carreira popular. ANÍMATE
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
510 Carreiras
1594 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Xuñ 2024, 17:32
Asunto: Re: 9ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO (9 de Xuño)

Carreira moi animada e con gran participación. Percorrido durecho con esa costa ainda que compensábase bastante con zonas moi chas ademáis da longa baixada.

As isotónicas embotelladas non me convencen, facíase tapón porque levaba un tempo collelas.

Espectacular o Convento e o seu claustro, que coñecía pero todavía non visitara. Ademáis dos xardíns do pazo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos