Foros ›
I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
285 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mér, 12 Xuñ 2024, 6:05
Asunto: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Vou dende Betanzos a este trail, e da zona, nin idea Disimulando

Alguén que coñeza por alí... percorrido técnico?... corrible?

Graciñas.
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
110 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Xuñ 2024, 18:43
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Eu estou pensando en ir pero certamente hai pouca información. Eso si, a zona é preciosa non, o seguinte!!
ZeusOurense

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
20/07/09
0 Carreiras
1054 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Mar, 18 Xuñ 2024, 9:55
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Boas! Pois eu vou ir a andaina e é verdade que non hai demasiada información. Polo pouco que coñezo a zona entendo que serán bastantes pistas e subir a Santa Tegra. A ver se alguén sabe algo máis!

Se queres recibir as alertas das novas carreiras en Galicia, únete a esta canle de Telegram: t.me/carreiras_galicia
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
110 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Xuñ 2024, 17:15
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Ao fin inscribinme no trail longo. Sábado pola tarde, bo tempo, bonito lugar....pinta ben. Por ser a primeira edición daremos un voto de confianza a organización pero polo momento deben mellorar bastante a comunicación.
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
285 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mar, 18 Xuñ 2024, 23:24
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

ZeusOurense escribió:
Boas! Pois eu vou ir a andaina e é verdade que non hai demasiada información. Polo pouco que coñezo a zona entendo que serán bastantes pistas e subir a Santa Tegra. A ver se alguén sabe algo máis!
Gracias... eu nin eso coñecía. Polo tipo de orografía (monte e mar), venme á cabeza o trail do monte Pindo, moita roca, toxos, etc, pero supoño que nada que ver.
Busquei algo por redes sociais, e nada. Gustaríame saber cando menos se se pode correr con zapas de asfalto (supoñendo que esté máis ou menos seco). No meu caso, para os trails de verán, se non son moi exixentes técnicamente, adoito prescindir do taco. Pero claro, nin idea aquí.
E que é unha zona moi chula non o dubido Sorriso
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
110 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Xuñ 2024, 8:09
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

No das zapas tamén penso eu...
lachavalita

Novo foreiro
Novo foreiro
27/12/14
9 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Xuñ 2024, 17:09
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Hola, ¿sabéis algo del material obligatorio y del recorrido?
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
285 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Sáb, 22 Xuñ 2024, 0:02
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Finalmente mandaron correo informativo (máis vale tarde...), supoño que xa che chegaría, pero póñoo aquí tamén por se acaso:

Información xeral da carreira.
Track do Trail longo: connect.garmin.com/mod...que_id=168

Track do Trail curto e Andaina: connect.garmin.com/mod...que_id=155

LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO no Trail Longo e no Trail Curto:
Dorsal visible na parte frontal
Manta térmica
Chifre
Teléfono móvil (operativo)
Sistema de hidratación
ZeusOurense

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
20/07/09
0 Carreiras
1054 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Dom, 23 Xuñ 2024, 11:40
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Nós fumos facer a andaina e o percorrido, que coincidía co do trail curto, pareceunos moi bonito. No trail claramente hai que levar zapatillas axeitadas, de trail, pareceume ver a algunhas persoas con zapatillas de asfalto e non vexo que fose terreo para ir cómodo con elas.

Deixo algunhas fotos (saída do trail longo) aquí: www.correrengalicia.or...751#618751

Se queres recibir as alertas das novas carreiras en Galicia, únete a esta canle de Telegram: t.me/carreiras_galicia
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
110 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Xuñ 2024, 21:08
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Eu fun un dos insensatos que correu con zapas de asfalto jaja!! Levaba as de trail pero dixéronme que era moi corrible e vinme arriba!! Pero nin tan mal!! Certo que houbo zonas que...pero a aventura é a aventura!! Ademais, unha vez que nos perdimos...tanto tiña!!
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
285 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mar, 25 Xuñ 2024, 8:17
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Pois eu tamén levei zapas de asfalto, e salvo algunha zona onde esbaraba algo (máis que nada polas follas dos eucaliptos e terra areosa), nin tan mal. De feito cundíronme bastante nos últimos km onde se lle podía dar zapatilla Sorriso

Eu tamén fun do grupeto de perdidos que houbo sobre km 8-9, que afectou entre os postos 6-7 e o 14-15, aproximadamente (non sei se é o mesmo do que fala Xertiz). Bueno, non sei se se pode denominar como "de perdidos" porque en todo momento seguimos indicacións (non sei se algún "gracioso" adicouse a cambialas, que tamén pode ser). Eu xa viña de rectificar algún cruce, onde perdera algún posto, supoño que por ir despistado, pero bueno, neste caso do que falo creo que é moita casualidade que nos despistáramos todos (éramos uns 10 paisanos).
Creo que foi unha pena porque desvirtuou a proba (non tanto os que gañaron, pero si probablemente algúns podiums), xa que a partir dese punto varios optamos por rematar a probar como se fose un adestramento e xa non en modo competición. En fin, queda como crítica constructiva para vindeiras edicións.
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
110 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 25 Xuñ 2024, 18:45
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Xpab creo que estivemos no mesmo grupo. A última indicación fóra a dun voluntario e collemos unha pista ancha e con algo de pendente negativa polo que encendimos a moto a tope jaja!! Cando nos decataron levabamos xa un bo anaco sen ver cinta ningunha. Desconcertante. Volta sobre os nosos pasos e perda aproximadamente duns 20 minutos. Logo xa estabamos algo fríos e engancharnos ao ritmo de carreira foi dificil. Ademais o de frío foi literal chegando ao cume do Tegra. O positivo é que o vindeiro ano moi mal se nos ten que dar para non mellorar o tempo!! Jaja!!
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
285 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mér, 26 Xuñ 2024, 5:51
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Pois era un grupo doado de identificar, bastante variopinto: que lembre eu, había un portugués de Viana, un rapaz cunha longa melena, outro de Vigo, outro dun equipo de Baiona... e bueno, despois estaba eu, dun equipo que non adoita pasar desapercibido Moi feliz (brutanzos team). Foi bastante entretido, cando menos compartimos un rato xuntos intercambiando miserias. Non lembro o da pista ancha, pero si chegar a xunto un da organización que ata chamou polo móbil para ver que facía con nós (estivemos un bo rato, eu lembro chegar a enfriar bastante coa néboa que había). Penso que, máis que falta de indicacións, o problema foi o cruce de camiños. Dos que estábamos alí, había uns cantos curtidos en mil batallas traileras como para pensar que foi culpa de despistes. Cando volvimos arrincar, asinouse un pacto de non agresión para chegar ata meta xuntos, pero tras un par de km cada un colleu o seu ritmo... creo que é superior a nós Sorriso
E bueno, para o ano, non sei eu... teño todavía fresco eso de facerme 400km para un adestramento Moi feliz Eso si, a pouco que aprendan dos erros de este ano, melloran seguro. O percorrido ten potencial.
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
183 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Ven, 28 Xuñ 2024, 13:27
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

Home, se levas 3' sen ollar cintas...dar volta, non si?
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
285 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Sáb, 29 Xuñ 2024, 1:21
Asunto: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)

xabierdeparada escribió:
Home, se levas 3' sen ollar cintas...dar volta, non si?
Obviamente. Pero eu non dixen que deixara de ver cintas en ningún momento (non sei se vai por min Silbar ). Eu recoñezo que tiña a tarde tonta (xa me engañara previamente), pero confundirnos tantos na miña opinión da a entender que algún punto non estaba claro. Tamén está a opción de que algún "espontáneo" o pasara ben sacando cintas ou trocándoas de sitio, que creo que algo comentou o da organización mentres estábamos alí parados con el.
Outro colega que ía comigo e chegou algo despois non tivo ningún problema, así que a saber...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos