Dom, 11 Ago 2024, 18:42
Asunto: Re: LIRA
Unha vez máis fomos a esta pequena localidade a correr a sua popular, carreira cun gran ambiente veraniego e que me gusta por eso. Saida retrasada en 30 minutos (avisaron un par días antes) pola gran calor que ia facer.
Inscritos coma en anos anteriores, 111 no 10 K. e rematamos 93 a mesma.
Saida dende atrás sen quentar nadiña e a ir collendo ritmo, os primeiros kms. ainda que alternan asfalto con pistas de terra e area nalgúns tramos por estar pegado a costa é bastante corrible, despois no 5,5 (ata ese punto adiantando bastantes corredores) empeza unha longa e dura subida, sobre 1km que nos leva ata o lugar de Portocubelo, . Despois dun callejeo polo lugar con subidas e baixadas, toca baixada rápida cara a praia de mar de Lira a que accedemos polo medio do monte en dura subida e baixamos cara a praia e saimos dela subindo pola pasarela de madeira, só queda unha derradeira subida e despois os derradeiros 500 mts, baixar e llanear para rematar no porto de Portocubelo nunha rampa pegadiña o mar. Gran cantidade de corredores estaban refrescándose e foi o que fixen eu, xa que estaba empapado e seguía facendo moita calor.
Despois dunha duchiña avituallemento e a mercar os tickets para a sardiñada con pementos.
Posto 48 de 93 que rematamos e un tempo oficial de 49'27", seis segundos máis co ano pasado.
Carreira ainda que dura paga a pena ir correla, xa que é unha popular das de toda a vida.