Lun, 30 Set 2024, 19:52
Asunto: Re: MEIA MARATONA AMEAL (COIMBRA) 29/09 (CRONICA)
Imos ca crónica desta experiencia en Ameal (pequena parroquia de Coimbra 1692 habitantes) . Chegada a Coimbra o venres a noitiña e o sábado de pateada visitando esta bonita cidade universitaria.
Como a carreira era a 14 K. do noso aloxamento en Coimbra, despois de levantarme cedo e almorzar nunha cafetería cercana, xa tirei cara Ameal, 75 minutos antes da carreira xa tiña estacionado no leira parking habilitado para a ocasión, 9º de temperatura neses momentos. Recollida de dorsal a 500mts. do estacionamento e volta cara o coche a facer tempo.
Cando quedaban 30 minutos para a hora de saida, prepareime e para a saida camiñano, un breve quecemento e para o meu box, cada un deles valado e cunha persoa supervisando quen entraba en cada box, ainda que non tivemos que acreditar marca.
Dan a sauda e ahí xa lucía o sol ainda que sen picar. Primeiros mts. en baixada e o pouco unha subida contrarrestada ca sua baixada máis longa e pronunciada. E xa tiramos cara o que vai a ser unha constante da media, carreira por unha estrada entre campos, sen nengunha sombra, todo un falso llano corremos así ata pasar o km 8 no que damos volta e nos atopamos outra vez co falso llano, eu moi cómodo (todos os kms. salvo o 1º por baixo de 4'50) tempo obxetivo baixar de 1h43', cando iamos de regreso sobre o km.14'5, collemos a dereita e iniciamos un novo percorrido, no que pasamos por algúns núcleos de poboación que nos proporcionaban algo de sombra. Ó paso do 17 decido aumentar o ritmo e no 18 marco o máis rápido a 4'35" os 2 seguintes a 4'38" pero xa no derradeiro km. tiñamos de subir o baixado o principio e pese a apretar vaise a 4'45". Para un crono neto de 1h40'53", para 21340 mts. que mideu o GPS. e 10 segundos máis no oficial.
Media moi, pero que moi ben organizada, xente en todos os cruces, 5 avituallamentos, sendo o do km15 líquido e tamén sólido. E pincheo despois da premiación, o que loxicamente non me quedei, xa que deixara a muller máis a filla que teño de Erasmus en Coimbra agardando por min.
Un saudo e próxima media en pouco máis de 19 días en Pontevedra.