Lun, 16 Set 2024, 20:08
Asunto: Re: TRAIL MONTES DE VIGO (12/10/2024)
Ajacast, non o dubides, vaite a Comado!!!
Unha carreira humilde, eso sí, pero na que tanto organización como os voluntarios se volcan cos corredores, e non só con eles, se non cos seus acompañantes.
Hai previa carreira con larpeira e o post-carreira con callos, empanada, minibocatas de panceta, tortilla, arroz con leite, cervexa... post no que tamén participan os acompañantes.
Xa no percorrido, pódese disfrutar das mellores vistas da Mariña lucense.
E como suxerencia definitiva, pode que esta sexa a última edición.