Kurty escribió: |
Moitos máis inscritos que o ano pasado 1041 e 500 no 10K. Xa temos asignados os dorsais na páxina da media e as previsións din que imos ter chuvia este ano tamén. A ver se cambia a previsión |
Kurty escribió: |
Moi contento cunha nova Media en Pontevedra e eso que non as tiña todas conmigo, xa que fun un dos afectados do brote de gastroenterite de Outes, polo que houbo que cambiar radicalmente os obxetivos. Con rematar enteiro xa estaría satisfeito. Chegada con tempo a cidade e eso que xa tiñamos recollidos os dorsais, moito máis dificil aparcar este ano que en anteriores edicións. Despois de prepararnos, un breve quecemento e para a saida, en teoría había caixóns de saida, non os vin, pero hoxe tampouco eran importantes. Saida atropellada loxicamente e despois de 22 segundos paso polo arco primeiro km 4'50, despois emociónome e marco os 2 seguintes a 4'40", tiña pensado correr por debaixo dese ritmo, pero non é prudente emocionarme tan cedo, así que ralentizo o ritmo e ata o 12 fun relativamente cómodo marcando todos entre 4'42' e 4'53", ainda que sigo levando un ritmo parecido, as sensacións son peores, o km. da 2ª subida ao centro vaixe a 5'05 e eso que ten unha pequena parte de baixada, no 18 volvo a marcar un a 4'40" e de ahí ata o final exigindome en 4'55, 4'53" e o final 4'45"máis o centos de mts. finais que non sei a como sairon. Para un crono oficial de 1h42'29. Ainda que son 5 minutos máis do que tiña de obxetivo, satisfeito. Como crítica constructiva diría o dos caixóns de saida que eu non os vin, había unha cinta que separaba a uns corredores dos outros. E outra que xa non é competencia da organización, o peche con tanta antelación dos accesos en vehículo a zona da Universidade e o Pazo de exposicións e congresos, (nos estabamos sobre 70' antes) cando pasamos por diante, debía haber 1/5 de prazas ocupadas e toda esa rua e as aledañas case que baleiras de coches. Un saudo e sempre que poidamos estaremos nesta media. |
decoiro escribió: |
O meu tempo oficial foi 1:49:56, sacando varios minutos ó grupo no que iba... O obxectivo da liebre eran 1:50 En fin, que repetirei o ano que ven se o corpo mo permite! |