Foros ›
Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Out 2024, 18:50
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Moitos máis inscritos que o ano pasado 1041 e 500 no 10K. Xa temos asignados os dorsais na páxina da media e as previsións din que imos ter chuvia este ano tamén. A ver se cambia a previsión Enfadado
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
110 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Out 2024, 21:00
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Pois tocará mollarse unha vez máis en Pontevedra jaja!!
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
284 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Ven, 18 Out 2024, 9:21
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Xertiz escribió:
Pois tocará mollarse unha vez máis en Pontevedra jaja!!
Parece que ó final zafamos... A ver se se manteñen as prediccións Rezar
micholox

Maratoniano
Maratoniano
9/11/14
5 Carreiras
172 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Out 2024, 14:46
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Kurty escribió:
Moitos máis inscritos que o ano pasado 1041 e 500 no 10K. Xa temos asignados os dorsais na páxina da media e as previsións din que imos ter chuvia este ano tamén. A ver se cambia a previsión Enfadado
E eso que aqui en Vigo teñen a manía de por a Carreira Contra o Cancer o mesmo dia a escasos 20km dunha cidade a outra....
Vemonos o Domingo e Sorte a Tod@s Rezar
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
110 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Out 2024, 17:29
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Como di Micholox unha mágoa que coincidan ambas xa que moitos quixeramos estar en ambas, e de feito penso que a do cancro de Vigo perde atletas 10k por mor da Media.
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
110 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 20 Out 2024, 18:00
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Coma sempre boa organización nesta proba. Hoxe fixo un día bastante axeitado para correr con dúas caras, ao meu entender. Por unha banda unha boa temperatura, acompañada nalgún momento de pequenos amagos de poalla que axudaban a refrescar. Pero pola outra banda houbo zonas nas que o vento era bastante persistente e molesto e axudaba moitísimo a ir limando forzas. Canto menos a min así me pasou.
Voltaremos!!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 20 Out 2024, 19:13
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Moi contento cunha nova Media en Pontevedra e eso que non as tiña todas conmigo, xa que fun un dos afectados do brote de gastroenterite de Outes, polo que houbo que cambiar radicalmente os obxetivos. Con rematar enteiro xa estaría satisfeito.
Chegada con tempo a cidade e eso que xa tiñamos recollidos os dorsais, moito máis dificil aparcar este ano que en anteriores edicións.
Despois de prepararnos, un breve quecemento e para a saida, en teoría había caixóns de saida, non os vin, pero hoxe tampouco eran importantes.
Saida atropellada loxicamente e despois de 22 segundos paso polo arco primeiro km 4'50, despois emociónome e marco os 2 seguintes a 4'40", tiña pensado correr por debaixo dese ritmo, pero non é prudente emocionarme tan cedo, así que ralentizo o ritmo e ata o 12 fun relativamente cómodo marcando todos entre 4'42' e 4'53", ainda que sigo levando un ritmo parecido, as sensacións son peores, o km. da 2ª subida ao centro vaixe a 5'05 e eso que ten unha pequena parte de baixada, no 18 volvo a marcar un a 4'40" e de ahí ata o final exigindome en 4'55, 4'53" e o final 4'45"máis o centos de mts. finais que non sei a como sairon. Para un crono oficial de 1h42'29. Ainda que son 5 minutos máis do que tiña de obxetivo, satisfeito.

Como crítica constructiva diría o dos caixóns de saida que eu non os vin, había unha cinta que separaba a uns corredores dos outros.
E outra que xa non é competencia da organización, o peche con tanta antelación dos accesos en vehículo a zona da Universidade e o Pazo de exposicións e congresos, (nos estabamos sobre 70' antes) cando pasamos por diante, debía haber 1/5 de prazas ocupadas e toda esa rua e as aledañas case que baleiras de coches.
Un saudo e sempre que poidamos estaremos nesta media.
micholox

Maratoniano
Maratoniano
9/11/14
5 Carreiras
172 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 20 Out 2024, 19:40

O dos caixons estaban delimitados cunha cinta... Pero coma sempre a xente ponse donde lle da a gana e como ben dices a salida caotica e case polo chan......

O d aparcar cun campeonato de taekwondo pois outra cagada xa que sobraba donde aparcar se non cortaran con tanta antelación.

A carreira pola miña parte bastante aceptable xa que dende o venres estaba moi conxestionado.

Vemonos en Villagarcia.... ou a saber Silbar
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
284 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Dom, 20 Out 2024, 20:10
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Pois eu non sei se era cousa miña, pero tiven moitísima calor ó comezar (saín con algo de auga nunha botella e tireina pola cabeza xa no km 2....), e fíxoseme moi molesto o vento. Ía para intentar marca, pero ó final 1 minuto por enriba... e gracias. De todos xeitos, en xeral, polo que escoitei e comentei cos colegas, creo que estivo complicado para todo o mundo.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1879 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Out 2024, 4:10
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Si que hacía calor. Y/ el primer avituallamiento pasado el Km 6....
Lo peor, como dijo un compañero, fue el cierre de los accesos con tanta antelación. Un Voluntario nos desviaba y aparcábamos donde podíamos, evidentemente lejos del Pabellón para recoger el dorsal. Cuando llego (10:05 h.) una cola parada y un voluntario con orden de que no nos dejaran pasar. Finalmente imperó el sentido común pero fue todo muy atropellado...
En fin. Me encanta esta Carrera y Volveré.
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
946 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 21 Out 2024, 6:54
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Facía 6 anos que non facía unha media. De feito fora esta a última. Para min este circuito é novo e gustoume. Temperatura correcta, fino orballo, boa organización... Vexo por aquí queixas do vento. Pois mira que lle tiña medo polas prediccións e é algo que non me gusta nadiña pero non me pareciu que houbese vento como para perxudicar marca. Sobre a calor... é certo que nunca bebo moito en carreira e nesta fun co botellín sempre na man e baixeille dous botellíns.
Utilicei o servizo de bus desde Santiago e moi ben. Máis cómodo dado os cortes de tráfico polo novo percorrido e máis económico. Mágoa que chegue tan cedo (e eso que se retrasou 15min en recollernos) pero para os do 10k faille falta o tempo.

Por certo, con camiseta de calidade de bo diseño e medalla finisher. De 10, como a charanga Mr. Green

Última edición por memphis_ESP o Lun, 21 Out 2024, 9:44; editado 1 vez
decoiro

Novo foreiro
Novo foreiro
5/06/24
4 Carreiras
8 Mensaxes
Cangas
Respostar citando Envío Lun, 21 Out 2024, 8:02
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Eu estou super contento. Primeira media e conseguín batir o meu récord persoal do 10k, duas veces! Non hai nada como ir entrenado ás carreiras Moi feliz
O tempo foi apropiado para correr, malia que eu tamén sentín o vento na zona cercana á Ponte da Barca... O malo é que para os acompañantes no foi moi bo.
En canto á organización, pouco que obxectar, aínda que me pareceu un chisco peor que a da VigBay. Eu pegueime á lebre dos 5:15, e volveunos tolos a todos, polo km 16-17 rompéuse o grupo e tiven que tirar primeiro con dous compis e despois eu só, chegando a facer o último kilómetro e medio a 4:20min/km. O meu tempo oficial foi 1:49:56, sacando varios minutos ó grupo no que iba... O obxectivo da liebre eran 1:50 Pensando

En fin, que repetirei o ano que ven se o corpo mo permite!
Javi_fer

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/12/19
5 Carreiras
126 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Out 2024, 9:34
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

Creo que las condiciones fueron muy traicioneras porque según la Aemet la humedad fue del 97-98%. Este año con bastante más participación hubo menos corredores bajando de 1h30 o de 1h25 que el año pasado. La clave podía estar en la hidratación, yo bebí mucho toda la carrera y no tuve problemas.
Me pareció una pasada la animación durante todo el circuito y el público animaba muchísimo, sobretodo los que estaban en el casco histórico donde empezaba la bajada, la ostia. La llegada en el estadio me genera dudas, muy espectacular para mí porque no pisé una pista de atletismo en mi vida pero me parece muy fría.
En lo personal hice la mejor carrera de mi vida y lo más extraño, mi ritmo de carrera fue claramente más rápido que el de la Coruña 10 de hace 2 semanas. Yo el cuerpo humano no lo comprendo, un día te sale una carrera lamentable y 2 semanas después te sale la carrera de tu vida sin nada que lo justifique. Habrá que disfrutarlo.
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
946 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 21 Out 2024, 9:42
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

decoiro escribió:
O meu tempo oficial foi 1:49:56, sacando varios minutos ó grupo no que iba... O obxectivo da liebre eran 1:50 Pensando

En fin, que repetirei o ano que ven se o corpo mo permite!

Polo que vexo, non foi a única lebre con problemas. A min chamoume a atención a lebre de 2h que saín con ela pero cando vin que íbamos como a 5.20min/km xa desde o inicio deixeina ir. Despois nos bucles sempre me sacaban algo. E todo para ó final adiantalos no km19 e acabar facendo eu 1h55m. Eles ata o km 15-16 iban como para 1h50m prácticamente e despois enredaron para redondear nos últimos kms. Quen confiara para estrearse na distancia... coidao Muro
jcm165

Novo foreiro
Novo foreiro
28/05/12
5 Carreiras
15 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Out 2024, 11:31
Asunto: Re: XXIX MEDIA MARATON PONTEVEDRA

A min gustoume bastante a carreira e a organización. Sobre todo o tema do bus, que para min é novidade, aforras moitísimo e vas tranquilo, ainda que houbo un par de malentendidos co chófer por falta de comunicación. A organización no pabellón pareceume boa e voluntarios moi amables. Pequeno problema: auga fría nas duchas. A rapaza que cantaba moi agradable. E o bizcocho e a cervexa ao acabar dan ganas de voltar o ano que ven.
En canto a carreira, no meu caso contento, preparando a Behobia, encontreime moi ben e acostumado a correr polo paseo de Coruña, nin notei o vento. O que mais me molestou foi que me resbalaron as zapatillas nalgúns tramos, polo resto ben e os grupos de música agradécense.

Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos