Mar, 05 Nov 2024, 20:02
Asunto: Re: Vig-Bay 06/04/2025
Tes toda a razón Micholox, 2 € de suba respecto o ano pasado no 1º tramo e despois, sube 3 e 4€ respecto a edición deste ano.
Por desgracia as medias maratón multitudinarias das grandes cidades estanse voltando imposibles. Media de Barcelona os dorsais ata o 10000 a 32€ e despois a 38€, vendidos os 30000 a 4 meses da carreira.
Sevilla vendidos todos a 4 meses da media dende 23€ dos 2000 primeiros ata os 37€ dos que van do 10000 ao16000.
Madrid ainda ten dorsais por que están a 41€ ata o 6 de Xaneiro, empezou en 22€ os 2000 primeiros dorsais.
Valencia ata o 10000 a 40€, os seguintes 10000 a 50 e os 5000 restantes a 70€. E agotáronse a meses da celebración.
Bilbao a 27€ e despois a 33€
Mérida vendeu os 2500 dorsais nun día a 20€, xa non dou tempo a subir de prezo.
Sorprende positivamente as medias de Málaga que empeza a 19€, pero case un ano antes da celebración e chega ata os 40€ e San Sebastian que ten un único tramo de 25€.
E aquí os 21 do camiño a 22€ e a 25€ e estamos todos como tolos para inscribirnos.
E seguro que hai moitos máis exemplos de prezos abusivos, pero é a lei da oferta e a demanda.
A min ainda que me parece cara, supoño que participarei, salvo causa de forza maior.