Foros ›
Autor
Mensaxe
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
90 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Nov 2024, 16:23
Asunto: San Silvestres 2024 en Galicia

Levo os últimos meses co reto (teima, tolemia, obsesión...) de intentar percorrer os 313 concellos galegos en carreiras de todo tipo. Como San Silvestre é unha das datas sinaladas na que máis concellos organizan unha carreira, sirva este tema para recopilar as que van saíndo durante este 2024.

Polo de agora, consultando o calendario do foro e doutras páxinas, están as seguintes:

28 decembro
- San Silvestre Muradana (Muros): www.ins.cronotec.es/we...e-muradana

29 decembro
- San Silvestre Jerreirana (Carnota): cronotec.es/ssjerreiro.html
- San Silvestre Mugardos - Ares - Mugardos: www.carreirasgalegas.c...s/8w95vYjV

31 decembro
- San Silvestre Coruña: sansilvestrecoruna.com/
- San Silvestre Club Fluvial (Lugo): ccnorte.com/evento/det...uvial-2024
- San Silvestre de Neda: www.carreirasgalegas.c...a/qbl3eX9P

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia
Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
37 Carreiras
63 Mensaxes
SDC
Respostar citando Envío Mér, 06 Nov 2024, 16:39
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Pepemanba escribió:
Levo os últimos meses co reto (teima, tolemia, obsesión...) de intentar percorrer os 313 concellos galegos en carreiras de todo tipo. Como San Silvestre é unha das datas sinaladas na que máis concellos organizan unha carreira, sirva este tema para recopilar as que van saíndo durante este 2024.

Interesante reto, gustaríame saber cantos concellos levas. Pensando

Pareceme moi interesante, pero vexo imposible por moitos motivos. O primeiro é que posiblemente nalgúns concellos non se fagan carreiras, alo menos non de maneira habitual.

Para non sairnos do fío, espero que de aquí a decembro vaian aumentando as carreiras Pedestres. Son poucas de momento as confirmadas.
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
90 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Nov 2024, 16:52
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Jorjum escribió:

Interesante reto, gustaríame saber cantos concellos levas. Pensando

Pareceme moi interesante, pero vexo imposible por moitos motivos. O primeiro é que posiblemente nalgúns concellos non se fagan carreiras, alo menos non de maneira habitual.

Polo de agora levo 93 concellos, participando en carreiras de todo tipo (populares de toda distancia, trails e probas de orientación, fundamentalmente). Vounas recopilando en www.instagram.com/correndogalicia e tamén nun blog aínda en construcción, que necesito tempo para cada crónica Moi feliz

Son consciente de que é un reto a longuísimo prazo. Polo de agora intento ir á carreiras consolidadas e que non me cadren con outros compromisos máis ineludibles na axenda. Chegado o momento, se vexo que non é posible participar con dorsal en certos concellos, xa verei se teño que flexibilizar máis o reto para contabilizar tiradas persoais fóra de carreiras organizadas.

Jorjum escribió:
Para non sairnos do fío, espero que de aquí a decembro vaian aumentando as carreiras Pedestres. Son poucas de momento as confirmadas.

Sí, aínda faltan algunhas míticas como a de Compostela, pero sirva este asunto por se algún foreiro ten información sobre algunha menos coñecida Guiño

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia
Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
37 Carreiras
63 Mensaxes
SDC
Respostar citando Envío Mér, 06 Nov 2024, 17:18
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Acabo de pasar polo teu Instagram, e vexo que realmente estalo a tomar en serio, vaia curro te metes, con información detallada de cada carreira e mapa do recorrido. Aplauso Encántame! Moita sorte co reto!!
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
921 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Nov 2024, 20:38
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Brutal!!! Todo mi ánimo compañero! Suerte en tu aventura, la seguiré por redes!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos