Foros ›
Autor
Mensaxe
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
90 Carreiras
38 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Nov 2024, 16:23
Asunto: San Silvestres 2024 en Galicia

Levo os últimos meses co reto (teima, tolemia, obsesión...) de intentar percorrer os 313 concellos galegos en carreiras de todo tipo. Como San Silvestre é unha das datas sinaladas na que máis concellos organizan unha carreira, sirva este tema para recopilar as que van saíndo durante este 2024.

Polo de agora, consultando o calendario do foro e doutras páxinas, están as seguintes:

28 decembro
- San Silvestre Muradana (Muros): www.ins.cronotec.es/we...e-muradana

29 decembro
- San Silvestre Jerreirana (Carnota): cronotec.es/ssjerreiro.html
- San Silvestre Mugardos - Ares - Mugardos: www.carreirasgalegas.c...s/8w95vYjV

31 decembro
- San Silvestre Coruña: sansilvestrecoruna.com/
- San Silvestre Club Fluvial (Lugo): ccnorte.com/evento/det...uvial-2024
- San Silvestre de Neda: www.carreirasgalegas.c...a/qbl3eX9P
- San Silvestre de Vigo: www.carreirasgalegas.c...4/yalqLPj0
- San Silvestre de Silleda: ccnorte.com/evento/det...lleda-2024
- San Silvestre de Ribadeo: ccnorte.com/evento/det...badeo-2024
- San Silvestre de Santiago de Compostela: www.santiagoturismo.co...estre-2024
- San Silvestre de Mos: ccnorte.com/evento/det...t-friendly
- San Silvestre de Malpica: correrengalicia.org/in...e=20241231

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia

Última edición por Pepemanba o Mar, 26 Nov 2024, 13:58; editado 4 veces
Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
39 Carreiras
67 Mensaxes
SDC
Respostar citando Envío Mér, 06 Nov 2024, 16:39
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Pepemanba escribió:
Levo os últimos meses co reto (teima, tolemia, obsesión...) de intentar percorrer os 313 concellos galegos en carreiras de todo tipo. Como San Silvestre é unha das datas sinaladas na que máis concellos organizan unha carreira, sirva este tema para recopilar as que van saíndo durante este 2024.

Interesante reto, gustaríame saber cantos concellos levas. Pensando

Pareceme moi interesante, pero vexo imposible por moitos motivos. O primeiro é que posiblemente nalgúns concellos non se fagan carreiras, alo menos non de maneira habitual.

Para non sairnos do fío, espero que de aquí a decembro vaian aumentando as carreiras Pedestres. Son poucas de momento as confirmadas.
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
90 Carreiras
38 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Nov 2024, 16:52
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Jorjum escribió:

Interesante reto, gustaríame saber cantos concellos levas. Pensando

Pareceme moi interesante, pero vexo imposible por moitos motivos. O primeiro é que posiblemente nalgúns concellos non se fagan carreiras, alo menos non de maneira habitual.

Polo de agora levo 93 concellos, participando en carreiras de todo tipo (populares de toda distancia, trails e probas de orientación, fundamentalmente). Vounas recopilando en www.instagram.com/correndogalicia e tamén nun blog aínda en construcción, que necesito tempo para cada crónica Moi feliz

Son consciente de que é un reto a longuísimo prazo. Polo de agora intento ir á carreiras consolidadas e que non me cadren con outros compromisos máis ineludibles na axenda. Chegado o momento, se vexo que non é posible participar con dorsal en certos concellos, xa verei se teño que flexibilizar máis o reto para contabilizar tiradas persoais fóra de carreiras organizadas.

Jorjum escribió:
Para non sairnos do fío, espero que de aquí a decembro vaian aumentando as carreiras Pedestres. Son poucas de momento as confirmadas.

Sí, aínda faltan algunhas míticas como a de Compostela, pero sirva este asunto por se algún foreiro ten información sobre algunha menos coñecida Guiño

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia
Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
39 Carreiras
67 Mensaxes
SDC
Respostar citando Envío Mér, 06 Nov 2024, 17:18
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Acabo de pasar polo teu Instagram, e vexo que realmente estalo a tomar en serio, vaia curro te metes, con información detallada de cada carreira e mapa do recorrido. Aplauso Encántame! Moita sorte co reto!!
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
927 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Nov 2024, 20:38
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Brutal!!! Todo mi ánimo compañero! Suerte en tu aventura, la seguiré por redes!
donova

Maratoniano
Maratoniano
24/02/15
4 Carreiras
320 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Nov 2024, 8:02
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

pedazo trabajo , seguiremos la aventura ,parabens. Aplauso Aplauso Aplauso
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
494 Carreiras
3779 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Nov 2024, 13:45
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Envíoche o calendario de decembro do ano pasado, cas S. Silvestres celebradas en Galicia. A parte das que figuran no listado, tamén hai a de Noia as 17 h., non é preciso inscribirse e en Padrón tamén se facía.
Borrei o enlace, xa que me sae o de Novembro, pero se vas ao calendario e pos decembro de 2023, ves todas as S. Silvestres que houbo.

Saudos.: E adiante con ese reto,.
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
500 Carreiras
678 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Ven, 08 Nov 2024, 19:58
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Moita sorte co reto!!

Eu, de rebote e sen pretendelo, desde que empecei alá polo 2007, levo un bo feixe de concellos entre probas de atletismo, ciclismo, andainas e duatlón:

Provincia de A Coruña:
Abegondo, Ames, Ares, Arteixo, A Baña, Betanzos, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cee, Cerceda, Corcubión, A Coruña, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Ferrol, Fisterra, Frades, A Laracha, Lousame, Malpica, Mazaricos, Mesía, Miño, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, As Pontes, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago, Sobrado, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra, Vimianzo

Provincia de Pontevedra:
Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, Lalín, Meis, Moraña, As Neves, Nigrán, Oia, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa

Provincia de Ourense:
Arnoia, Bande, Barbadás, Barco de Valdeorras, Carballiño, Castrelo de Miño, Celanova, Cortegada, Esgos, Leiro, Lobios, Monterrei, Nogueira de Ramuín, Ourense, Petín, Piñor, Ramirás, A Rúa, San Cristobo de Cea, Taboadela, Trasmiras, A Veiga, Xinzo de Limia

Provincia de Lugo:
Baralla, Barreiros, Begonte, Foz, Friol, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Palas de Rei, Pantón, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Portomarín, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Riotorto, Vilalba, Viveiro, Xermade

E seguro que me deixo algúns no tinterio, porque xa non lembro zonas de paso de moitas das probas que teño feito, jejeje. Nas próximas semanas e xa no 2025, estreareime nalgúns concellos máis, jejeje.

Pero fixo que entre os foreiros hai xente que ten aínda máis repertorio Guiño

Disfruta da aventura!
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
90 Carreiras
38 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Nov 2024, 21:40
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

miguelanxo escribió:
Moita sorte co reto!!

Eu, de rebote e sen pretendelo, desde que empecei alá polo 2007, levo un bo feixe de concellos entre probas de atletismo, ciclismo, andainas e duatlón

Guau! Se non fallan as contas que me chiva ChatGPT do teu listado, 136 concellos! Noraboa, moita tralla levas enriba! Bailar

O meu listado comeza en 2014, inda que realmente foi o ano pasado cando abrín o perfil en Instagram. Despois de participar na media maratón da Volta a Ría, quedeime co 'runrrún' de cantos concellos levaría visitado en carreiras e probas de orientación. De 2014 ata outubro de 2023 levaba 41 concellos, e desde entón ata o de agora levo o total de 93. Algúns achegados teñen dito que igual non debería contabilizar as probas de orientación, pero de poñerme moi 'purista', sí que necesitaría algunha vida máis para tan sequera achegarme á meta...

Inda imos ter que abrir outro fío centrado en cantos concellos levamos cada un e valorar se crear un Pasaporte de Correr en Galicia Razz

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1153 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 16 Nov 2024, 19:23
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Boa iniciativa, tamén te sigo no Instagram.... É unha interesante forma de manter a motivación, aínda que haberá cromos dificiles de conseguir porque hai concellos que pouca cousa organizan (ou organizaron no seu día e agora nada se sabe).

Saúdos

Se eu puiden, ti tamén...
Keka77

Organización
Organización
10/03/14
0 Carreiras
238 Mensaxes
Frades
Respostar citando Envío Mér, 20 Nov 2024, 10:06
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Boas
Alguén sabe o percorrido da carreira de Papa Noel que se vai a celebrar o vindeiro 22 de decembro en Santiago.
Graciñas
Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
39 Carreiras
67 Mensaxes
SDC
Respostar citando Envío Mér, 20 Nov 2024, 10:52
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Keka77 escribió:
Boas
Alguén sabe o percorrido da carreira de Papa Noel que se vai a celebrar o vindeiro 22 de decembro en Santiago.
Graciñas

Aquí está:
www.carrerapapanoelsan...-recorrido

Sale das Cancelas, camiño francés, rua san pedro, zona vella e acaba na praza do Obradoiro.

Non sabia da existencia desta carreira, pero vexo que coincide ca SinSon. Non sei non sei...
Keka77

Organización
Organización
10/03/14
0 Carreiras
238 Mensaxes
Frades
Respostar citando Envío Mér, 20 Nov 2024, 11:57
Asunto: Re: San Silvestres 2024 en Galicia

Moitas gracias





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos