Kurty escribió: |
Tes toda a razón Micholox, 2 € de suba respecto o ano pasado no 1º tramo e despois, sube 3 e 4€ respecto a edición deste ano. Por desgracia as medias maratón multitudinarias das grandes cidades estanse voltando imposibles. Media de Barcelona os dorsais ata o 10000 a 32€ e despois a 38€, vendidos os 30000 a 4 meses da carreira. Sevilla vendidos todos a 4 meses da media dende 23€ dos 2000 primeiros ata os 37€ dos que van do 10000 ao16000. Madrid ainda ten dorsais por que están a 41€ ata o 6 de Xaneiro, empezou en 22€ os 2000 primeiros dorsais. Valencia ata o 10000 a 40€, os seguintes 10000 a 50 e os 5000 restantes a 70€. E agotáronse a meses da celebración. Bilbao a 27€ e despois a 33€ Mérida vendeu os 2500 dorsais nun día a 20€, xa non dou tempo a subir de prezo. Sorprende positivamente as medias de Málaga que empeza a 19€, pero case un ano antes da celebración e chega ata os 40€ e San Sebastian que ten un único tramo de 25€. E aquí os 21 do camiño a 22€ e a 25€ e estamos todos como tolos para inscribirnos. E seguro que hai moitos máis exemplos de prezos abusivos, pero é a lei da oferta e a demanda. A min ainda que me parece cara, supoño que participarei, salvo causa de forza maior. |
Xertiz escribió: |
Comparar Vig- Bay cos 21 do Camiño...non hai comparación posible !!! Miramos por onde miramos!! Jaja!! E iso que sempre pensei, e penso, que a Vig ten un potencial incrible pero non acaba de explotar. Probas con moito mesos encanto "lo petan". A VB que pasa por tres concellos, ou igual debido a eso, non remata de ter o pulo e o compromiso decidido das administracións para ser unha proba que tamén atraia turismo deportivo e se converta nun referente a nivel peninsular. Non é proba para facer marca, claramente, pero si é divertida e cun percorrido por moitas zonas marabillosas. Non sei se no 2025 irei xa que a intención é facer a maratón de Barcelona a mediados de marzo, polo que queda preto. Pero si me gusta ir á VB xa que atopas moita xente coñecida no pelotón e no público. Barata non é pero quedando ao lado da casa aforro en gasoleo jeje!! Xa veremos... |