Foros ›
XLVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO [10/11/2024]
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
39 Carreiras
67 Mensaxes
SDC
Respostar citando Envío Dom, 10 Nov 2024, 22:11
Asunto: Re: XLVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO [10/11/2024]

A min este circuito gustoume, dame a sensación que era mais plano, con menos subidas e baixadas (que igual me equivoco, non son de Ourense e non coñezo a cidade). Pena da chuvia que estroupeu un pouco o ambiente. O ano pasado fixera unha mañán estupenda comparado con hoxe.
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
944 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2024, 21:57
Asunto: Re: XLVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO [10/11/2024]

A min tamén me gustou, pero máis me vai gustar o definitivo.
pherreGZ

Foreiro infantil
Foreiro infantil
4/06/13
23 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2024, 23:08
Asunto: Re: XLVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO [10/11/2

A min tamén me guatou bastante...iso si, o tapón inicial "alteroume" un chisco ate a subida do km 2/3 que aí xa se abriu de todo a carreira. Cal será o definitivo?
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
283 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mar, 12 Nov 2024, 7:20
Asunto: Re: XLVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO [10/11/2024]

Eu fixen case uns 40 seg. máis que no 10k de Coruña, por poñer unha referencia. Supoño que é o normal... En canto á comparación co percorrido anterior, non acabo de ter claro se é máis ou menos duro, pero quedoume a sensación de ser bastante rompepernas. O "repeito" antes de enfilar o Progreso, matador, menos mal que compensa co final hacia abaixo.
A min penalizoume moito o primeiro km, por suposto o máis lento. Non acabo de entender como, estando colocado a uns metros da saída (practicamente á altura dos élite), nada máis sair levaba un río de xente diante a ritmos do 2º ou 3º caixón. Hai incluso a veces certa "agresividade" saíndo como miuras para despois frear ós que van detrás. Penso que a zona de saída non axuda (mediana, rotonda...), porque noutras carreiras (tamén multitudinarias), penso que non pasa tanto.
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
182 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Xov, 14 Nov 2024, 7:57
Asunto: Re: XLVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO [10/11/2024]

O novo percorrido ten duas rampas curtas pero duras, Ramon Puga a Tras Alameda. Foron 10200m.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos