Foros ›
XII MEDIA MARATON MELILLA (17/11) (CRÓNICA)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3771 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2024, 20:53
Asunto: XII MEDIA MARATON MELILLA (17/11) (CRÓNICA)

Pois por 2º ano consecutivo, que vou participar nesta lonxana media maratón. Motivo, que ala segue a miña primoxénita e aproveitando a excusa da carreira imos visitala ou a imos visitar e de paso a corremos. Moi feliz .
En principio tiña en mente correr o 10 de Novembro Avila ou o 17 Lleida, para seguir co reto provincial, pero ó publicar a data desta, que non me resistín e alá que imos.
Imaxino que coma en edicións anteriores, seremos moi poucos corredores, quedando lonxe dos 200 chegados a meta. Como hai tamén un 10K, na 1ª volta ainda somos bastantes, pero despois quedamos poucos.
Positivo, que é un circuito planiño e negativo que pode facer moita calor, creo que o ano pasado sobre 24º, co handicap de que corremos toda a carreira por zonas moi despexadas, case todo é un ida e volta polo paseo marítimo duas veces.

tickets.runagain.com/i...odalidades


Última edición por Kurty o Mar, 19 Nov 2024, 22:45; editado 1 vez
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4777 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Sáb, 16 Nov 2024, 9:14
Asunto: Re: XII MEDIA MARATON MELILLA (17/11)

Suerte amigo.
djbueno

Novo foreiro
Novo foreiro
11/10/15
165 Carreiras
34 Mensaxes
Mugardos
Respostar citando Envío Lun, 18 Nov 2024, 18:10
Asunto: Re: XII MEDIA MARATON MELILLA (17/11)

Suerte, yo no sé cuándo me tocará hacerla!! ????
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3771 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Nov 2024, 22:44
Asunto: Re: XII MEDIA MARATON MELILLA (17/11)

Xa de volta de pasar uns días en Melilla, comentar que foi unha viaxe con bastantes incidencias, pero imos relatar un pouco como foi a media.
Como o ano pasado, 1º sairon os de 5k, e sobre 10 minutos despois os da media e o 10k, conxuntamente, pareceume alí que eramos menos corredores co ano pasado e cando ollei as clasificacións puden verificalo..
Circuito homologado, idéntico o do ano pasado e chanciño. Saida da metade para atrás e a tomar con calma a carreira, en seguida vou gañando posicións pouco a pouco, cando levaba algo máis de 2 Kms. xa estou encharcado de sudor e eso que quentara case que nada. Falaban dunha humidade do 80%.
Así que decido ir en torno os 4'45" a 4'50 e se me atopo ben na 2ª volta aumentar algo o ritmo, pero eso ia a ser misión imposible.
Cando quedan sobre 1 km para a 1ª volta . collo a unha rapaza a cal vense conmigo pero a falta duns 300 mts, dame un cambio de ritmo e oio por megafonia que é a primeira muller do 10'5 K., tempo nese momento algo máis de 51 minutos. Toca enfilar outra vez todo o paseo marítimo ata o final do espigón e voltar, Como máis ou menos vou regulando adianto a algún corredor., para chegar de 48 dos 144 que rematamos a media e cun pobre 1h43'40" oficial.
Recibimento da familia en meta e a darme unha descarga no servicio de fisios que había no lugar, ducha no hotel que estaba pegado a zona de meta e despois ver o sorteo de varios bonos regalos que había dende 50 ata 150 €, debían ser sobre 15, pero non fun agraciado no sorteo.
En 5 días toca a media de Vilagarcía, así que a recuperar un pouco as pernas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos