Dom, 24 Nov 2024, 18:56
Asunto: Re: II Media Maratón Vilagarcía de Arousa 24/11/2024
Eu pensei que a ian suspender, onte toda a tarde e ata hoxe cando me levantei estiven pendente do e-mail, por se había algunha comunicación ó respecto.
Día imposible para correr un vento moi forte non, fortísimo, ainda así, quedei moi satisfeito ca carreira, 1h40'34 neto, que nun día sen aire, serían un par de minutiños menos.
Ollando as clasificacións, comprobei que houbo moitos erros nas lecturas dos chips, eu figuro como se non pasara polos pasos do 7'5 e 17'5, e coma min máis xente, pero hai unha morea de corredores que figuran como que non chegaron a meta, figurándolle como derradeira lectura o paso do 17'5, un par deles son coñecidos meus e remataron a media.
O que está claro que salvo que teñas unha lesión incapacitante no momento se chegas a falta de 3'5 Kms. rematas a proba.