Foros ›
SIN-SON PORTO DO SON (22/12/2024)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1937 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Ven, 25 Out 2024, 13:42
Asunto: SIN-SON PORTO DO SON (22/12/2024)

Abertas as inscricións, para unha das mellores carreiras do panorama galego:

Inscricións SIN-SON

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
495 Carreiras
3784 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 26 Out 2024, 21:16
Asunto: Re: SIN-SON PORTO DO SON (22/12/2024)

Tes razón, unha moi boa carreira, espero poder correla este ano unha vez máis.
pherreGZ

Foreiro infantil
Foreiro infantil
4/06/13
23 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Out 2024, 23:27
Asunto: Re: SIN-SON PORTO DO SON (22/12/2024)

O ano pasado por recente paternidade non puiden ir, pero este non fallarei aínda que tocará ir con menos horas de entreno e máis de sono... Pero o caso é disfrutala xa que é das mellores carreiras da provincia e ate de Galicia na miña opinión.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
495 Carreiras
3784 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 24 Nov 2024, 19:03
Asunto: Re: SIN-SON PORTO DO SON (22/12/2024)

Como rematei ben a media de hoxe e quería inscribirme para a de Boiro do vindeiro Domingo, xa aproveitei e tamén o fixen nesta, máis que nada porque lin hai 2 días que había 1100 inscritos e o límite é de 1500, sendo ata o día 30 a 10€ e despois sobe a 12€.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
495 Carreiras
3784 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 08 Dec 2024, 18:42
Asunto: Re: SIN-SON PORTO DO SON (22/12/2024)

Un ano máis que esta carreira é un éxito de participación, xa se esgotaron as 1500 prazas onte pola mañán.
Así que toca adestrar ben estos 14 días que faltan para a proba.
m12021958

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/01/14
12 Carreiras
123 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 21 Dec 2024, 14:23
Asunto: Re: SIN-SON PORTO DO SON (22/12/2024)

Hola!!
En vispera da carreira, eu non sei donde se recollen os dorsales (na zona Santiago)os que fixemos inscripcion en tempo indicado.
Si teño esa peticion pedida ca inscripcion: podo tamen collelo mañan: media hora antes salida?
Sabedes como funciona eso ?
Gracias.
biry

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/04/12
4 Carreiras
75 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 21 Dec 2024, 16:22
Asunto: Re: SIN-SON PORTO DO SON (22/12/2024)

Sí, podes recollelo hoxe ou mañan na zona de saida
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
495 Carreiras
3784 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 21 Dec 2024, 19:06
Asunto: Re: SIN-SON PORTO DO SON (22/12/2024)

m12021958 escribió:
Hola!!
En vispera da carreira, eu non sei donde se recollen os dorsales (na zona Santiago)os que fixemos inscripcion en tempo indicado.
Si teño esa peticion pedida ca inscripcion: podo tamen collelo mañan: media hora antes salida?
Sabedes como funciona eso ?
Gracias.

Mañán na Casa de Cultura de Portosín. De 8:00a 10:30.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
495 Carreiras
3784 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Dec 2024, 22:02
Asunto: Re: SIN-SON PORTO DO SON (22/12/2024)

Boa carreira a de hoxe, quedei contento cas miñas prestacións ainda que non acadei o pequeno obxetivo que me fixara. 43'59", quedeime a 5" no neto e a 27" no oficial.
Chegada con moito tempo a Portosín despois de aparcar no Son a carón das duchas. Charlas e máis charlas con coñecidos. Trote de 15minutos e para o meu caixón, pensei que estaba bastante ben situado, pero tardei 22" en pasar polo arco de saida, así que toca armarse de paciencia neste 1ºkm, que pese a ir adiantando fago a 4'38", a partir de ahí xa se pode correr ben, pero hai que recuperar moito tempo nada máis empezar. 2º e 3º en tempo obxetivo e xa estamos na estrada que nos levará ata o Son e xa escomenzamos ca tónica a partir de agora, un sube/baixa, ainda que con varios tramos bastante chanciños.
Creo que vou un pouco fora de punto, pero sigo a bo ritmo, agardando pola temida subida do Loreto, comenzo con bo ritmo, pero coma sempre faixeme longa, ainda que adianto a varios corredores, ese km o máis lento en 4'47, quedan pouco máis de 2 km. así que trato de recuperar un pouco e toca aumentar o ritmo, seguinte km 4'10 e o derradeiro sorpréndome e sae en 3'59" , para un neto de 44'04".
Tiña en mente baixar de 44' , pero estou satisfeito, xa que fixen 19" máis que nas edicións do 2019 e 2021 que marcara en ambas 44'07"oficiais. E outra curiosidade, hoxe quedei de 377, o mesmo posto que no 2022 ainda que daquela corrín 85 segundos máis lento que esta mañán.
Con esta carreira dou por rematado o ano, supoño que irei a algunha S.Silvestre a pasalo ben.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos