Lun, 13 Xan 2025, 9:14
Asunto: Re: Coruña 21
Eu penso que nunca vin tal deixadez en ningún lado. O dos percorridos en Coruña é de traca (xa o sufrimos na desaparecida Maratón). Non sei se pretenden facer da intriga un plus, pero creo que é máis ben o contrario. De feito, alguén de fora, que se plantexe vir a correla, supoño en moitos casos a descartará por non coñecer por onde o van a meter ou o perfil da proba.
Poderíase facer un fío das carreiras donde hai máis deixadez, desidia, desinterese, etc. Véñenseme á cabeza outras probas, como por exemplo a MM de Xixón ou a Monumental de Lugo, onde non se sabe nin o día que se vai celebrar ata unhas semanas antes, contrastando con outras probas onde, sobre todo pola ilusión dos organizadores, fóronse convertindo en clásicas do panorama galego: Cross do Santiso, Os 21 do camiño, A MM das Catedrais....