Sáb, 01 Feb 2025, 19:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Crónicas da favela : Unha luz ao final do túnel ?
Ano novo, resonancia nova, traumatólogo novo. Así podería resumir o mes de xaneiro que ven de rematar.
Segundo esta persoa, gaña na balanza a lesión do menisco "con flap" a calquera indicio de artrose. Tamén é da firme opinión que unha persoa afeita a un determinado nivel de actividade física perde máis de saúde parando de todo, e que polo tanto o obxectivo e recuperar canto antes ese nivel de actividade física.
Tamén dixo que é certo que unha operación de menisco por riba dos 40 anos perde eficacia, pero que hai que intentalo.
Así que xa hai veredicto e fumata branca: Vanme facer unha artroscopia.
Non teño data aínda. Supoño que terei que ir a meter presión para que non se demoren moito. Pero polo menos xa hai unha meta cara á que ir .
No meu entorno cercano de familia e amistades teño varias persoas do ramo da sanidade, e algunha delas xa me ten dito que operarse non sirve de nada. Pero eu penso firmemente que peor que agora non vou poder estar.
Así que confío en que isto dea un mínimo de resultado. Xa non pido estar como antes da lesión. Xa me abondaría con poder conducir o coche un par de horas e non quedar coxa, ou con durmir unha noite na que a dor do xeonllo non me desperte por ter dobrado a perna sen decatarme.
Pero de momento toca esperar, e seguir facendo exercicios de parvuliños no ximnasio.
Seguirei informando.
Saúde e kilómetros para os que seguides en activo