Foros ›
40 MEDIA MARATON CASTELLON 26/01/25 (CRÓNICA).
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
497 Carreiras
3796 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 03 Xan 2025, 18:24
Asunto: 40 MEDIA MARATON CASTELLON 26/01/25 (CRÓNICA).

Imos retomar o reto das medias maratóns provinciais con esta media que vai xa pola sua 40 edición e visitar unha cidade na que nunca estiven.
Xa teño todo reservado avión, hotel e loxicamente a inscripción, xa que os prezos son moi altos para unha media que non ten a sona doutras.
Empezou en 25 € ata o 13 de setembro, eu xa paguei 30+3'60 da licencia federativa, no tramo que ia ata o 30 de novembro, agora e ata o 05 de xaneiro a 35 € e despois 39€ tendo que engadirlle 3,60 da licenza e gastos de xestión.
Un percorrido homologado de 2 voltas que o cambiaron o ano pasado para facelo máis rápido.
Nesta edición están batindo ampliamente o número de inscritos que estaba en 1481 no 2012 e agora xa hai 2020.
Toda a información no seguinte enlace. www.mediamaratoncastello.com/
Un saudo.


Última edición por Kurty o Mar, 28 Xan 2025, 18:14; editado 1 vez
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4807 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 20 Xan 2025, 9:03
Asunto: Re: 40 MEDIA MARATON CASTELLON 26/01/25

Ya hace que le tengo ganas,he leído cosas muy buenas de esta carrera,ya nos contarás.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
497 Carreiras
3796 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Xan 2025, 20:06
Asunto: Re: 40 MEDIA MARATON CASTELLON 26/01/25

lihto escribió:
Ya hace que le tengo ganas,he leído cosas muy buenas de esta carrera,ya nos contarás.

Pues ya te contaré mis impresiones sobre la misma, en cuanto a información en su Web y redes sociales muy completa.
Ya son 40 ediciones con ésta y por lo que leí en los últimos años están dando un salto de calidad y se nota en los inscritos, este año récord con más de 2300.
Ganas de visitar esta ciudad que no conozco y sobre todo correr una media más.
Saludos.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
497 Carreiras
3796 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 28 Xan 2025, 18:14
Asunto: Re: 40 MEDIA MARATON CASTELLON 26/01/25

Boa tarde, con esta media, tacho a Comunidade Valenciana do meu reto provincial, completadas as 3 provincias.
Chegada a Valencia o venrres a mañán e aproveitei para facer unha visita guiada pola cidade e de tarde xa fun para Castellón.
Sábado visita guiada por Castellón e a tardiña fun recoller o dorsal, feira do corredor (2 stands con roupa e calcetíns) no concesionario Hyundai nun Polígono, así xa non tería que ir con tanta antelación para a saida o Domingo.
O domingo madruguei para almorzar, (a partida era as 10 h). e despois de prepararme fun cara o Parque Ribalta, lugar da saida.
Fotos previas antes da carreira, un moi breve quecemento e cando faltan 5 minutos cara o meu caixón, o 3º de 1h35 a 1h45, nese momento único erro que lle vin a organización, que sacaron as cintas que delimitaban os caixóns e xuntouse toda a xente, iso faixe nos instantes previos a saida, así que cantidade de xente tentando buscar seu lugar.
Meu obxetivo baixar de 1h40' o día estaba espectacular para correr, un pouquiño de sol, nada de aire e un perfil chanciño.
Dan a saida costa abaixo e o 1º km. atascado 4'45" o máis lento, o seguinte xa se pode correr e emocionome e sae en 4'33" ó pouco contacto co numeroso globo de 1h40, ian 3 marcando o ritmo e decido quedarme alí, no avituallamento do 5 adiântome, para evitar a incomodidade dese momemto e a partir de ahí xa fun todo o rato nas posicións dianteiras do grupo, atópome super cómodo.
O percorrido son 2 voltas case iguais, non é que sexa moi céntrico, pero tampouco nos levan cara o extrarradio e pasa por ruas estreitas, nun par delas impresionante como animaba a xente, un placer sentir os ánimos de tata xente, ademáis había 3/4 grupos de animación durante o percorrido.
Retomando o relato, vou moi cómodo, demasiado, pero despois das pateadas previas dos días anteriores teño medo de que me pasen factura nos derradeiros Kms. Polo que me deixo quedar no grupo, eu non miraba para nada os ritmos que levabamos, pero xusto no 16 un dos "pacers" di que levamos 5 segundos de colchón, como me parecía moi pouco marxen, cambio o ritmo e tiro para diante, ese km, o máis rápido en 4'22", continuando a bo ritmo o que quedaba de carreira, para rematar en baixada e moi acelerado para facer 1h38'54" oficial 26 segundos menos no neto.
Avituallamento abundante, auga, isotónicas, froita, barritas e un ticket para unha cerveciña (xente que chegou cara o final, 1892 finishers, comentaron que tiveron que agardar pola auga e non tiveron xeles durante a carreira).
Despois de ir a buscar as pertenencias, vin que non había moita xente no servicio de fisio e deronme unha gratificante masaxe nas pernas.
Gustoume a media, moi ben organizada ademáis do que dixen entregaron medalla cun notable incremento de inscritos e corredores que finalizaron.
Un saudo e dentro do reto para finais de Abril espero facer unha media multitudinaria 6000 inscritos en só 30 horas dende a apertura, cun percorrido duro pero espectacular e cunha animación de 10, a 41 edición da Media Maratón de Granada.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos