Mér, 22 Xan 2025, 13:26
Asunto: XI Carreira Popular de Oroso
XI CARREIRA CONCELLO DE OROSO
Domingo 30 de marzo de 2025
Sigüeiro - Oroso
Ás 10:00 horas
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada
proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente
a cada categoría estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
3.- A INSCRICIÓN da proba absoluta poderá realizarse nas webs
www.carreirasgalegas.com con data límite: mércores 26 de marzo ás 23:59 horas.
A INSCRICIÓN das carreiras escolares farase tamén a través das páxinas web
www.carreirasgalegas.com debendo asinar o formulario de inscrición (data límite:
mércores 26 de marzo ás 23:59 horas).
PREZOS DA INSCRICIÓN
CATEGORIAS ESCOLARES (de sub-6 ata sub-18 incluídos): GRATUITA
Excepto os SUB-18 que decidan participar na proba absoluta dentro da categoría Sub-23
PROBA ABSOLUTA: 6 € por participante
O pago da inscrición se realiza pola pasarela de pago das páxinas web
www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán
poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no coreo: santiago @ atletismo.gal
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da
carreira.
4.- Os dorsais poderanse recoller nas oficinas do Centro Deportivo Municipal o sábado 29 de
marzo de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (opción recomendable especialmente para
participantes locais). O día da proba os dorsais recolleranse no Centro Cívico situado a carón
da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.
5.- TROFEOS E MEDALLAS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous
trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
Medallas para todos los participantes das categorías escolares dende sub-6 ata sub-18.
6.- PREMIOS
-PREMIOS CLUBS FEDERADOS ( PROBA ABSOLUTA )
1º Club federado: 200 €
2º Club federado: 150 €
3º Club federado: 100 €
-Premio ao Club Màis Numeroso:
2 vales de 10 entradas cada un ao Ximnasio Ready go Gym.
-PREMIOS INDIVIDUAIS EMPADROADOS/AS EN OROSO (PROBA ABSOLUTA)
VALES PARA CANXEAR EN “TENDA DE DEPORTES EQUIPAT”
1º Clasificado Oroso: 100
1ª Clasificada Oroso: 100
2º Clasificado Oroso: 75
2ª Clasificada Oroso: 75
3º Clasificado Oroso: 50
3ª Clasificada Oroso: 50
Para optar aos premios de clubs federados terán que entrar un mínimo de 8 participantes en
meta, que serán os que puntúan, (os equipos deberán ser mixtos, con ao menos 2 persoas do mesmo sexo)
Os pagos dos premios en metálico serán xestionados a través da Federación Galega de
Atletismo.
7.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
8.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa
proba.
9.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa
presentación do DNI ou pasaporte.
9.- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportiva e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos/as
os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función
do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA
e FGA para probas en ruta en vigor.
12.
- Haberá ·servicio de roupeiro· para os corredores que o precisen.
13.
- Categorías e horarios
- Os Sub-18 poderán elixir participar na categoría ESCOLAR ou ABSOLUTA (dentro da
categoría Sub-23) pero so nunha das dúas probas.
- Os Sub-20 tamén compiten dentro da categoría Sub-23.
- As categorías SUB-6 e SUB-8 non serán competitivas, polo tanto non haberá
clasificacións para estas idades e todos/as recibirán un recordo.
ABSOLUTA
Sub23 10.000 mt
Senior 10.000 mt
Máster 1 10.000 mt
Máster 2 10.000 mt
Máster 3 10.000 mt
Haberá corredores “lebres” con bandeira guía durante os tempos de 40, 45 e 50
minutos.
ESCOLARES
Sub-10 1.000 mt
Sub-12 1.000 mt
Sub-14 2.000 mt
Sub-16 3.000 mt.
Sub-18 3.000 mt
Sub-8 300 mt
Sub-6: 300mt
SERVIZO DE DUCHAS NA PISCINA MUNICIPAL ENTREGA
DE PREMIOS DIANTE DA PISCINA A PARTIR DAS 12:40