Dom, 02 Mar 2025, 20:23
Asunto: Re: MM de Salamanca
Que bonita é Salamanca! Que de cousas para ver ! Canta historia!!
Un resume fácil da proba: por 16 euros creo que non se pode pedir máis.
Fun co meu fillo de finde e atopamos de aloxamento unha residencia universitaria, RESA Colegio de Cuenca no Campus Universitario. Co carnet de alberguista ou sendo membro da comunidade educativa sae moi ben de prezo. Nós pagamos 32 euros por noite. Habitación con dúas camas, mini cociña e baño privado. Eso si, o sábado pola noite algo de follón polo Entroido, pero nin durou moito nin foi a
altas horas da madrugada.
A carreira comezou o domingo ás 10.30 hrs. Moito, moito frío, pero xa era de imaxinar. O día anterior foramos recoller o dorsal e con el de agasallo un farinato e un pequeno bote de mel máis a camiseta. A recollida foi no pavillón da Alamediĺla e había unha pequena feira do corredor.
A carreira resultoume moi entretido e animada na primeira parte. O paso pola Plaza Mayor, km. 4, increíble. O mellor momento. Despois duns quilómetros polo casco histórico moi animados a carreira colleu camiño saíndo cara ás aforas polo que a animación foi moito menor. Un dos problemas que tiven durante a carreira foi o do avituallamento líquido. A auga estaba moi fría e non era quen de inxerir demasiada polo que nalgún momento optei por levala entre o meu corpo e o pantalón para tentar quentala algo. Pero bueno, resultou a medias. Hai que decir que caeu algo de auga neve o que sumado ao vento fixo que algúns quilómetros foran algo duretes. O perfil da carreira está salpicado con algunha subida bastante pronunciada, a do km.10 brutal, pero como todo o que sube...baixa. Eso si. Necesario ter cabeza. . Cando chegas a ponte romana. Km. 15.5, ves unha bonita estampa de Salamanca coa Catedral sobresaíndo.Faise un traxecto bordeando o río Tormes que non ten dificultade pero si está bastante solitario. E a partir do km. 19 xa volves ir entrando no casco urbano e a chegada é moi animada no Parque da Alemedilla.
Ao chegar medalla, bolsa con bebida, froita e galletas.
Como digo por 16 euros imposible pedir máis.
A miña idea era ir tranquilo pensando na Maratón de Barcelona de dentro de quince días. Pero ao fin co frío que tiña e que collín un grupo molón deume por ir a un ritmo algo máis alegre para acabar facendo 1h 31m.
Agardo resulte interesantes este amago de crónica e que vos animedes a coñecer a golpe de zapa Salamanca, e recuperarse cun bo hornazo !! Jaja!!