Foros ›
Maratón de Valencia 7/12/2025
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
OrEK

Maratoniano
Maratoniano
7/01/18
99 Carreiras
512 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Xov, 06 Mar 2025, 8:13
Asunto: Maratón de Valencia 7/12/2025

En vista que van saíndo corredores para o maratón de Valencia noutros fíos, pois xa creo o seu propio.

No meu caso será xa a sexta vez que corra dito maratón (mais outras tantas a media), se alguén precisa de algo de información que pregunte... Bailar

O obxectivo deste ano sería baixar de 2h55 para ter mínima para algunha Major no meu grupo de idade, xa veremos se non me paso de ambicioso Avergonzado E se os números non van saíndo pois tentar mellorar a marca do ano pasado 2:59:12, e senon como última opción, pero non menos importante, desfrutalo como saia. Satisfecho

¿Quen mais será da partida?
OrEK

Maratoniano
Maratoniano
7/01/18
99 Carreiras
512 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Xov, 06 Mar 2025, 8:23
Asunto: Re: Maratón de Valencia 7/12/2025

Por si algún corredor está interesado en ir, e está sen dorsal, comentar que é bastante doado (que non barato) conseguilos a través de xente que decide non ir, o custo actual do dorsal, prezo que se paga directamente á organización (non hai posible negocio de compra-venda) sería de 200€ de dorsal + 5€ de xestión + 5€ de licenza (opcional se estades federados)
Actualmente sei de unha persoa que non vai ir e faría o cambio de titular, por si queredes que vos facilite directamente un contacto..

O punto mais importante se estades pensando en ir, sería ir buscando xa o aloxamento, que iso si que sube sen parar.
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
304 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Xov, 06 Mar 2025, 11:21
Asunto: Re: Maratón de Valencia 7/12/2025

Eu tamén andarei por Valencia, diosmediante, e do Brutanzos están confirmadas a día de hoxe 3 persoas máis. Tamén coñezo xente fora do clube que vai; de feito moitos dos maratonianos que coñezo están anotados ou interesados en acoder a Valencia. Por eso digo, que sería interesante saber cantos galegos andaremos por alí o 7 de decembro (e que despois algúns sigan decindo que non hai quorum para este tipo de carreiras).
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
132 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 06 Mar 2025, 14:48
Asunto: Re: Maratón de Valencia 7/12/2025

Eu tamén!! Quinta consecutiva. Realmente o obxectivo será tentar coma sempre ser sub3h. Se repito marca do ano pasado con 2h55 xenial!! No caso contrario tamén xenial!!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos