Dom, 30 Mar 2025, 9:58
Asunto: Re: XXIV VigBay 2025. 6 de abril.
Un día marabilloso para facer uns quilómetros polo percorrido desta carreira. Se hai alguén que nunca a fixera e quere un consello...aí vai!!!
A pesar de que o contexto invite a sair alegres, o que se suma co subidón propio que dá competir, persoalmente recomendo saír con cabeza xa que, ao meu entender, ata o quilómetros 6 aproximadamente non che vao servir o percorrido para facer a carreira da túa vida pero si pode servir para arruinarche o día.
Nese tramo de quilómetros atopamos:
- A subida que hai ao fin de Samil, pequena pero matona. Vale, que si, que aquí aínda imos full the power peeroooo...
-A subida dende a praia de Cándido ata á rotonda de Liñares (onde o pizza móvil). Aquí algunha persoa que sae fóra de ritmo xa ten claudicado.
- E de seguido xa enganchamos coa subida ata Mide (comeza na rotonda de Liñares km 4) Subida longa e que cando vas no coche non semella tanto coma é!! Jaja!! Pero si, ten o seu aquel!!
Logo será cuestión de recuperar coller ritmo de cruceiro e reservar folgos para Monte Lourido, que entre o grupo de gaitas e ver case que a meta...non hai dooorrrr!!!!
Sorte!!! E que acompañe a climatoloxía!