Foros ›
Autor
Mensaxe
elgris

Novo foreiro
Novo foreiro
5/08/14
4 Carreiras
10 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Feb 2025, 10:46
Asunto: V Subida a San Cidre

Boas!!
En Toques, o 6 de abril tedes unha cita para probar o novo percorrido da Subida a San Cidre.
En 2025, haberá dúas distancias no Trail e tamén as carreiras de escolares, coma sempre.
O trail curto, de 7 k, ten un desnivel de subida de 150 metros e poden participar maiores de 16 anos en categoría única.
O trail longo, de 17 k e cun desnivel positivo de 600 metros, está dirixido a maiores de 18 anos e distribuídos en varias categorías, ademáis de absoluta, sub20, sub 23, senior e catro categorías de veteranos, ademáis da categoría local.
Tedes toda a info na web municipal:
toques.gal/v-subida-a-san-cidre/
elgris

Novo foreiro
Novo foreiro
5/08/14
4 Carreiras
10 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Feb 2025, 12:03
Asunto: Re: V Subida a San Cidre

O percorrido de 17 K combina tramos de 3 tipos de terreo/superficie, tal como se describe aproximadamente:
- Asfalto: 5500 metros
- Grava: 3500 m.
- Terra: 8000 m.
Budiña

Montañés
Montañés
6/09/15
75 Carreiras
256 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 22 Mar 2025, 15:48
Asunto: Re: V Subida a San Cidre

Boas, pues creo q nos vamos a animar. Así conozco Toques, q nunca fui. Gracias por la información!!!
elgris

Novo foreiro
Novo foreiro
5/08/14
4 Carreiras
10 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Mar 2025, 11:03
Asunto: Re: V Subida a San Cidre

Budiña escribió:
Boas, pues creo q nos vamos a animar. Así conozco Toques, q nunca fui. Gracias por la información!!!
Seredes benvidas, espero que vos guste, un alto porcentaxe de participantes, repiten en seguintes edicións...
O domingo 30 de marzo facemos a andaina sobre os 17 K.

Aproveito para lembrar que os 5-6 primeiros quilómetros do 7 K e 17 K son compartidos

Bo día!!
elgris

Novo foreiro
Novo foreiro
5/08/14
4 Carreiras
10 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 31 Mar 2025, 11:40
Asunto: Re: V Subida a San Cidre

O prazo de inscrición remata o mércores 2 de Abril para todas as carreiras e desde o luns ás 00:00 a cota ascende a 15 € a distancia curta e 20 € a distancia longa, sendo de balde as carreiras de menores de idade. a inscrición realízase na web www.carreirasgalegas.com

Decir que na distancia longa, de 17 quilómetros, o percorrido contén 3 tramos de 1,5 quilómetros aproximadamente durante os cales se ascende 150 metros de desnivel. Esto, ademáis do continuo sube-baixa do percorrido, supón dureza extrema na que os participantes deben medir o esforzo e ter unha boa condición física e mental para completar a carreira.

No seguinte mapa pódese visualizar a primeira subida en verde (para 17K e 7 K) a segunda subida en azul (17 K) e a terceira subida en vermello (17 K).

En cor azul celeste e verde a distancia Curta.
En azul celeste, azul oscuro, verde e vermello a distancia longa.



itinerarios.png
Descrición:
Visto: 29 veces
itinerarios.png






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos