Foros ›
XXIV VigBay 2025. 6 de abril.
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
502 Carreiras
3821 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 01 Abr 2025, 17:56
Asunto: Re: XXIV VigBay 2025. 6 de abril.

Kurty escribió:
Rematado o prazo de inscripción moi cedo a 18 días da carreira. Unha vez máis sorprendido co elevadísimo número de inscritos. 5221 na media maratón e 1365 na minibay, máis os 41 da handbike.
A ver se empezamos a adestrar con algo de continuidade, xa que entre un problema familiar e pequenas molestias, botei 2 semanas sen adestrar nada.
Hoxe 12 Kms. suaviños e o luns fixera outros 9,5 Km. ainda máis lentos, pero hai que ir sumando distancia.

Pois as inscripcións están rematadas, pero os inscritos seguen subindo, 5324 e 1406, pode ser polos que se inscribiron en persoa nas oficinas e agora estén pasando os datos.
Hoxe derradeiro adestramento longo, como estou tan corto de Kms. había que correr e funme ata os 15 Kms. a 4'50' exactos indo de menos a máis.
Moi contento cas sensacións a 4 días e 16 h. do inicio.
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
151 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 01 Abr 2025, 18:55
Asunto: Re: XXIV VigBay 2025. 6 de abril.

Pois a min tamén me chamou a atención que seguira subindo o número de participantes.
Agora quedan uns días de cargar baterías e facer os últimos adestramentos pensando en pasalo ben o domingo co día tan bonito que fará!!
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
151 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Abr 2025, 14:27
Asunto: Re: XXIV VigBay 2025. 6 de abril.

Para quenes non sodes da zona da carreira seguramente será unha carreira máis. Pero cada ano está semana que antecede a carreira para min, que si son da zona, é especial. Hai algo no ambiente que fai que sexa diferente ao resto. Exactamente non sei que é pero haino!! Quizáis comece o formiguiño no estómago cando ves na estrada, pola que vai a carreira, colocados os avisos de estrada cortada con data do domingo. Buah!!! Xa está aquí !!
Quizais siga cando todo o mundo da zona que sabe que tes o vicio de correr vaiche preguntando se vas o domingo a carreira. E cando falo de todo o mundo digo tamén a xente miúda. E entón cóntanche que van ir ver a carreira. Que van facer carteis para animarte! E para animar ao resto de participantes!! E claro...subidón!!! Jaja!!
Con que pouco somos felices e que necesario é que así sexa!!

Algo especial ten esta carreira, si...
micholox

Maratoniano
Maratoniano
9/11/14
5 Carreiras
200 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Abr 2025, 17:05
Asunto: Re: XXIV VigBay 2025. 6 de abril.

Eu inda que non vou participar si que coincido con Xertiz... Os que adestramos aqui dende que están os kilometros marcados, a xente entrenado no Circuito, etc notamos algo diferente no ambiente... Sorte a todos!!!
maniso

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
4/03/14
1 Carreiras
229 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 05 Abr 2025, 8:18
Asunto: Re: XXIV VigBay 2025. 6 de abril.

Hoxe pegaba moito o vento en Baiona que si mañá se mantén vai a facer complicada a carreira.A ver que pasa!!!! Descansade que mañá vai a ser duro.
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
151 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 06 Abr 2025, 10:56
Asunto: Re: XXIV VigBay 2025. 6 de abril.

Non podería ser mellor o día para correr!! Que gozaba!!
Ao fin rematei con 1.30.54 que está bastante ben vindo de Barcelona e sobretodo que é unha carreira na que me gusta pararme con algún nen@ coñecid@ sacar foto. Está xenial ver a súa cara cando paras por eles e elas!!

A organización moi ben!!!. As esponxas hoxe vitais!!!!
Eu somentes lle daría unha volta ao tema dos caixóns xa que hai xente que, ou ben non o entende ou pasa de todo. Moi difícil correr os primeiros 2 quilómetros nos que adiantas á xente que claramente vai para outro ritmo.
A Vig mola moito sempre!!
micholox

Maratoniano
Maratoniano
9/11/14
5 Carreiras
200 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 06 Abr 2025, 12:17
Asunto: Re: XXIV VigBay 2025. 6 de abril.

Xertiz escribió:
Non podería ser mellor o día para correr!! Que gozaba!!
Ao fin rematei con 1.30.54 que está bastante ben vindo de Barcelona e sobretodo que é unha carreira na que me gusta pararme con algún nen@ coñecid@ sacar foto. Está xenial ver a súa cara cando paras por eles e elas!!

A organización moi ben!!!. As esponxas hoxe vitais!!!!
Eu somentes lle daría unha volta ao tema dos caixóns xa que hai xente que, ou ben non o entende ou pasa de todo. Moi difícil correr os primeiros 2 quilómetros nos que adiantas á xente que claramente vai para outro ritmo.
A Vig mola moito sempre!!

Os caixons cun final de Samil moi comprimido fan dificil a salida... E a xente pasa de todo. Eu darialle mil voltas a camiseta, cada ano peor. Muro
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
502 Carreiras
3821 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 06 Abr 2025, 18:51
Asunto: Re: XXIV VigBay 2025. 6 de abril.

Unha nova Vig Bay e xa van 14 completadas. Antes da crónica 2 opinións. 1º Un acerto o adianto de 30' na saida, ainda que para os que somos de lonxe tocou madrugón, hoxe xa nos fixo bastante calor e 2º o dos caixóns de saida, se non hai un control riguroso de acceso pasa o da mala colocación, tamén é certo que a senalización dos caixóns e moi mellorable.
O madrugón valeu a pena, aparcamos na praia de Samil con moito tempo, pero non sei que pasa, que o final sempre andamos apurados, non quentei nada e para o meu caixón.
Saida tranquila e a coller ritmo, obxetivo baixar de 1h40" xa que teño o globo moi preto, pero co atasco baixe alonxando.
Día fabuloso para correr e disfrutar do entorno, eu controlando o ritmo e despois do 1º avituallamento collo o globo e decido tirar para adiante.
A carreira vaime pasando rápido ao paso polo 10 vexo que marco 46'54" o mesmo tempo que fixen nos 10 K. de Sigueiro hai 7 días, pero ese día sain moi reservón os 4 primeiros Kms.
No 11e pico, tomo o xel que levaba e non me sentou nada ben e teño que ralentizar o ritmo, pouco a pouco vou recuperando e pasamos praia América e toca encarar caseque a derradeira dificultade da carreira, Monte Lourido, a 1ª subida ben, pero a 2ª atragántaseme un pouco, pero xa escoitamos os gaiteiros, toca recuperar e encaramos a subida para conecrar outra vez ca estrada que nos levará a Baiona, quedan menos de 5 Kms. pero o sol apreta do lindo. Bonito paso pola Ramallosa e o pouco xa divisamos Baiona.
Km 19 e 20 a xente que reservou algo aproveita para adiantar posicións.
Eu fago o mellor parcial no 21 con 4'22", así que ainda me quedaba algo de fuelle para marcar 1h39'33".
Ogallá podamos estar na 25 edción.
decoiro

Novo foreiro
Novo foreiro
5/06/24
4 Carreiras
19 Mensaxes
Cangas
Respostar citando Envío Lun, 07 Abr 2025, 7:35
Asunto: Re: XXIV VigBay 2025. 6 de abril.

Pois primeira VigBay, e segunda MM, rematada e todo según o plan no meu caso. A pesares de sair no caixón D (saía a carón da lebre de 1:50 ) por non ter un tempo mellor e ser respetuoso co sistema, non coma outros, o meu obxectivo era baixar de 1:40 e acercarme todo o posible a 1:35. Ata a subida de Canido adiantei a unha morea de xente, e grazas á esa subida xa collo por fin á lebre de 1:45, para coller á de 1:40 chegando a Panxón e a partir de Praia América xa tocaba intentar rondar os 4:25 min/km para facer os 2 últimos km por debaixo dos 4 min/km. Ó final, 1:36:09, obxectivo principal cumprido e a piques de cumplir o obxectivo optimista!

A modo de anécdota, o primeiro avituallamento colleume pensando en outra cousa e quedei facendo o parvo esperando por unha botella no primeiro voluntario en vez de seguir correndo e collerlla a outro Mr. Green E despois da subida grande, a un rapaz caéronselle os airpods polo chan e tiven que pegar un frenazo que nin un F1 para non partirlle o cú jajajaja

Como os outros compañeiros, creo que hai que mellorar o tema da saída agora que somos tanta xente e se a camiseta puidera ser máis decente sería ideal, porque esa camiseta non é para correr largas distancias... Todo o demáis perfecto, avituallamentos, asistencias, ambiente, etc. de 10!

Con ganas de máis o ano que ven!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos